Presentación en FITUR
21/01/2026 23:58
Dende marzo comezará unha campaña divulgativa en colexios e centros cívicos sobre o eclipse . Tamén haberá unha campaña especial no Planetario e unha exposición intinerante. E o mesmo día do eclipse, o 12 de agosto, haberá puntos de observación no Portiño, no Parque de Bens e no Monte de San Pedro, con un dispositivo de tráfico especial e aparcamentos disuasorios. Tamén na cidade haberá puntos de observación en cada distrito. Pola noite, en María Pita, actuará a Banda Municipal de Música e a orquestra Los Satélites.