Xunta de Galicia

A Xunta e o consello da cultura galega reforzan a súa colaboración en materia de igualdade

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, e a presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, asinaron un acordo para a promoción da igualdade ao que se destinan 22.000 euros.

No marco do mesmo deseñarase unha guía de resposta fronte a violencia de xénero, unha exposición sobre a realidade LGTBIQ+ e unha campaña sobre mulleres filósofas.

A iniciativa enmárcase nas actuacións que Galicia desenvolve cos fondos do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.

Fitur 2022

A Xunta aposta por potenciar o turismo da Eurorrexoón Galicia-Norte de Portugal

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, presentou en Fitur o proxecto “Río Miño, un destino navegable”, incluído no Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal (POCTEP) e que conta cun orzamento de 1,1M€.

A iniciativa permite reforzar a cooperación transfronteiriza coa creación desta ruta fluvial, a mellora da navegabilidade do río e a disposición de medios de transporte fluviais e terrestres.