MÁS DE UNO OURENSE

Ourense solidarízase cas vítimas e familias do grave sinistro ferroviario de Toledo

Ourense amosou sua solidariedade cas vítimas do sinistro ferroviario de Toledo en sendas concentracións silenciosas

Jesús Álvarez

Ourense |

Ourense solidarízase cas vítimas e familias do grave sinistro ferroviario de Toledo
Ourense solidarízase cas vítimas e familias do grave sinistro ferroviario de Toledo | Onda Cero Ourense

Ourense solidarizouse tamén cos afectados pola nova traxedia ferroviaria acontecida en Toledo con sendas concentracións nas que se gardou un minuto de silencio coa participación de representantes de tódolos partidos políticos, das institucionais locais, provinciais, autonómicas e estatais xunto ao persoal das administracións, corpos e forzas de seguridade, veciños e entidades sociais.

Na concentración celebrada este xoves diante da Subdelegación do Goberno de Ourense, o subdelegado Eladio Santos quixo transmitir as "máis sinceras e afectuosas condolencias ás familias dos falecidos", ao tempo que desexou unha "pronta e completa recuperación" para todas as persoas que resultaron feridas no sinistro.

Durante a súa intervención, puxo en valor o esforzo colectivo de todos os dispositivos desplegados na zona desde o primeiro momento e agradeceu o traballo que segue e continúa sobre o terreo por parte de todo o persoal, facendo especial mención ao persoal sanitario, servizos de emerxencias, garda civil, policía nacional, policías locais, bombeiros e á unidade militar de emerxencias (UME). O subdelegado destacou a perfecta coordinación de todos os profesionais, "independentemente das administracións ás que estean vinculados".

Ao ser preguntado pola disparidade de criterios entre os municipios á hora de cancelar as súas programacións festivas coma o Samaín, o Eladio Santos aclarou que a única obriga das institucións é manter a bandeira a media asta ate o vindeiro sábado deixando a criterio dos alcaldes decidir o que queren facer.