Cultrura

A Deputación colaborará co director Jaime Chávarri para a rodaxe da súa próxima película

O presidente provincial, Manuel Baltar, destacou trala reunión que mantivo co cineasta que “mantemos así o compromiso que adquirimos para transformar á provincia nun gran plató para a produción audiovisual”

O filme está baseado na novela “Ávidas pretensiones”, de Fernando Aramburu, autor de “Patria”. Será unha comedia coral que contará coa participación dunha trintena de actores, nunha rodaxe que ten previsto o seu inicio na primavera.

Xunta de galicia

Reparación e mellora da cuberta do pavillón municipal do Concello da Merca

Gabriel Alén explicou que as obras supuxeron unha achega de 35.000 euros da Vicepresidencia primeira ao abeiro das axudas da Orde de Infraestruturas de uso público.

Entre esta liña de axudas e o Fondo de Compensación Ambiental co que se financian melloras ambientais nos municipios galegos, a Xunta destinou nos últimos anos máis de 146 millóns de euros en 3.673 proxectos que contribuíron a mellorar a calidade de vida da veciñanza.

O delegado territorial lembrou que xa se publicou a semana pasada a nova convocatoria para este ano.

Concello de ourense

O Concello presenta a cidade como destino turístico en Fitur: “Ourense, corazón do Camiño”

A concelleira de Turismo, Flora Moure, destaca que “o feito de que se fale de Ourense en Fitur é un dos mellores escaparates mundiais para as potencialidades turísticas da nosa cidade, e por iso a campaña, articulada en torno ao Camiño de Santiago e a potenciación da Vía de la Plata, é unha oportunidade inmellorable para aproveitar os esforzos da Axencia de Turismo de Galicia na promoción do Xacobeo”

A campaña que presenta o Concello busca situar Ourense como destino de referencia para os que acoden a Compostela a través do Camiño Mozárabe, nunha viaxe repleta de experiencias ofertada pola capital das Burgas que é parada imprescindible, tanto para os peregrinos en tránsito como para os que inician o Camiño en Ourense