Economía

Manuel Baltar afirma que a área industrial de San Cibrao das Viñas a convirte no “polígono de Galicia”

Manuel Baltar resalta o músculo industrial de Ourense: “Somos quen de darlle a volta aos números de Galicia e superalos en tendencia industrial e internacionalización, ademais de resistir a pandemia e recuperarse mellor que ningunha outra zona”

Na presentación do estudo O polígono en cifras, o presidente provincial destacou as 420 empresas instaladas, os 8.350 traballadores, os 4.800.000 metros cadrados de superficie industrial, as 700 actividades económicas diferentes, a aposta polo I+D+I, a transformación dixital, a sostibilidade e a actitude competitiva

Eixo Atlantico

Manuel Baltar reivindica na asemblea xeral do Eixo Atlántico o “papel central de Ourense”

Como presidente do Foro Termal, Manuel Baltar avanza en 2022 un momento clave para o termalismo, “con fitos como o Congreso Mundial” que se celebrará este ano en Ourense e o traballo en rede para reforzar a visibilidade europea deste recurso, “un dos máis importantes que compartimos Galicia e o norte de Portugal”

Manuel Baltar resalta a importancia da “cooperación” ante un “escenario cheo de oportunidades”

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, asumiu a presidencia do Eixo Atlántico avanzando liñas prioritarias de traballo coma o municipalismo, a sostenibilidade ou a conectividade