Temas

Mas de Uno O Salnés

Onda Cero Pontevedra

Más de Uno Pontevedra (21-11-2019)

Comezamos o programa repasando a actualidade desta xornada de xoves e coñecemos os detalles do acordo entre o Concello de Pontevedra e a Xunta de Galicia para dotar á cidade de dúas novas liñas de bus urbano. Convidamos á triatleta profesional, Saleta Castro, a unha entrevista persoal no Hotel Rías Bajas. Ademais, completamos o programa falando de diversidade e das novas actividades do programa "Pinto e Maragota" coa concelleira de Igualdade, Paloma Castro, e a avogada Ada Otero.

Onda Cero Pontevedra

Más de Uno Pontevedra (09-09-2019)

Repasamos as incidencias e os actos políticos do fin de semana. Coñecemos, cos avogados do caso, a primeira senteza en Galicia polos sobrecostes na venda de camións de diferentes marcas importantes en Europa. Un xulgado de Pontevedra senta precedente. Revisamos todas as novas do mundo do motor. E falamos con Roi Casal, músico galego que participa na nosa sección semana Cántamo en Galego

Onda Cero Pontevedra

Más de Uno Pontevedra (06-09-2019)

Pechamos semana analizando os datos de ocupación turística do mes de Agosto. A media da provincia superou o 80%. Un dos atractivos, en Pontevedra, é a celebración da Feira Franca que provocou que os hoteis estén cheos. Falamos coa concelleira Carme Da Silva sobre esta nova cita. Na antesala do arranque dunha nova edición visitamos e descubrimos os pormenores do Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu. Repasamos outros eventos nunha amplia axenda de ocio e cultura de fin de semana.