Galiciencia

Galiciencia arranca este mércores con récord de participantes

Promovida polo Parque Tecnolóxico de Galicia, reunirá a centros educativos de toda a comunidade galega e tamén de Barcelona.

Óscar Gómez

Ourense | 07.05.2024 10:55

Galiciencia arranca este mércores con récord de participantes
Galiciencia arranca este mércores con récord de participantes | Galiciencia

Mañá mércores, 8 de maio, dáse o pistoletazo de saída da feira -ás 10:00 horas-, que se prolongará ata o venres.

van participar preto de 300 rapaces e rapazas

Esta 19ª edición, na que tamén se pode participar de xeito online, desenvólvese baixo a temática “Mellor, de Madeira”, un material que o Parque quere promover de xeito particular, en liña cos seus obxectivos de desenvolvemento sostible. Así, na feria porase de relevo a importancia da madeira como material sustentable, con múltiples beneficios para o noso planeta por ser un produto renovable, biodegradable e cunha ampla variedade de aplicacións en campos diversos como a construción e a fabricación.

Con proxectos van participar preto de 300 rapaces e rapazas de 32 centros educativos diferentes. Por provincias, de Pontevedra hai 12 centros, de Ourense 7, da Coruña 7 e de Lugo 5; e, de fóra de Galicia, hai un centro de Barcelona. Asistirán á feira con visitas organizadas unhas 2150 persoas, tanto docentes como alumnos, de toda a comunidade.

Galiciencia arranca este mércores con récord de participantes
Galiciencia arranca este mércores con récord de participantes | Galiciencia

Tres días de actividades para achegar aos máis novos a ciencia e a tecnoloxía de xeito práctico e divertido

Ademais do concurso de proxectos, como cada ano, a feira compleméntase con actividades que buscan achegar a ciencia e a tecnoloxía aos máis novos de xeito práctico e divertido. Así, realizaranse talleres científicos, espectáculos de ciencia e concursos diversos. É o caso do concurso de fotografía a través de Instagram, dirixido tanto ao alumnado como ao profesorado de Secundaria, Bacharelato e FP de toda España. Os asistentes á feira mesmo terán a opotunidade de participar nun programa de radio.

O xoves celebrarase a final do Desafío científico “Mellor, de Madeira!”. Durante os últimos meses alumnado desde 4º de Primaria a Bacharelato de toda Galicia participou nunha primeira fase online que constaba de tres retos. Os finalistas enfrontaranse agora nesta derradeira fase, que será presencial.