Temas

Yoya Blanco

Máis de Un Pontevedra

Pontevedra consolídase como destino gastronómico e de turismo verde

A potenciación do turismo gastronómico, con citas culinarias como o certame Pontealmorzo (en marcha ata o domingo 14 de maio) é unha das principais estratexias da concellería de Promoción Económica e Turismo, Yoya Blanco. Ademais, en colaboración coa concellería de Desenvolvemento Sostible de Iván Puente,s están a apostar pola sostibilidade e o turismo verde co obxectivo de tentar desestacionalizar o turismo que chega á nosa cidade. Facemos balance do traballo feito neste mandato baixo o marco de "Pontevedra Capital Gastro".

PROGRAMA COMPLETO

Más de Uno Pontevedra 06/02/2023

Comezamos o programa coa actualidade da xornada marcada polo futuro de ENCE e a decición do Tribunal Supremo que mañá se reune para votar e emitir a decisión sobre a prórroga. Buscamos a previsión do tempo para as vindeiras horas e abrimos tempo de entrevista con Santiago Souza, membro do comité executivo de Expoferr, a feira que este xoves comeza en Silleda. Ademais, como cada luns, falamos do mundo do motor con Abel Millán e escoitamos música nunha nova edición de "Cántamo... en galego!".

Horas previas a que el Tribunal Supremo comience a analizar los recursos presentados por Ence para evitar el cierre de la fábrica de Pontevedra. El presidente de la Xunta, Alfonso Rueda, en Pontevedra, criticó al gobierno central por carecer de Plan B, en el supuesto de que el fallo del Supremo ratifique la sentencia de la Audiencia Nacional que invalida la prórroga de la concesión de los terrenos de la factoría industrial. Por su parte, el concello de la capital espera que el Alto Tribunal siga el mismo camino trazado por la AN en lo que califica de fraude y robo a la ciudadanía de Pontevedra por no poder disfrutar de una ría libre de industria pesada.

PROGRAMA COMPLETO

Más de Uno Pontevedra 19/01/2023

Abrimos o programa coa actualidade do día e pendentes da participación dos concellos da provincia de Pontevedra en FITUR. Buscamos a previsión metereolóxica e, como cada xoves, recibimos a visita de Rodrigo Cota. Ademais, completamos o programa tomando a última antes de marchar: o produtor pontevedrés Dani Froiz é hoxe o noso convidado.

Máis de Un Pontevedra

'Flúe, my friend!': Bruce Lee protagoniza o vídeo promocional de Turismo de Pontevedra para Fitur 2023

Conversamos coa concelleira de Turismo, Yoya Blanco, e co concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural, Iván Puentes, sobre vídeo de Bruce Lee que Turismo de Pontevedra presentará este xoves na Feira Internacional de Turismo Fitur 2023. O vídeo xa está dispoñible en youtube e nas redes sociais e a través del percorremos espazos tan emblemáticos como a Peregrina, a Illa das Esculturas, Michelena, a Praza da Ferrería, Santa María, Méndez Núñez ou o contorno do río dos Gafos, para lembrarnos ese lema que sintetiza o espírito da estratexia de impulso do turismo verde e sostible do proxecto Pontevedra Flúe: ‘Flúe, my friend!’.

PROGRAMA COMPLETO

Más de Uno Pontevedra 18/11/2022

Chegamos o final da semana co anuncio do incremento dos prezos das peaxes na AP9; reflexionamos sobre este novo golpe a economía galega e escoitamos algunhas voces. Tamén, conversamos co doutor Marra, delegado do síndicato Cesm en Pontevedra, pola situación que padecen os usuarios e os profesioais nos PACs do área sanitaria Pontevedra-Salnés. Analizamos a actualidade municipal con Miguel Anxo Fernández Lores. Viaxamos ata feira Intur, en Valladolidad, onde a concelleira Yoya Blanco e o concelleiro Iván Puentes promocionan as excelencias turísticas e de patrimonio natural de Pontevedra. Pechamos, como é tradición un venres, repasando eventos e actos da axenda cultural do fin de semana.

Máis de Un Pontevedra

Pontevedra segue reivindicándose como "Capital Gastro" con Etiqueta Negra e Ponte de Tapas

Pontevedra aspira a converterse en Capital Española da Gastronomía 2023, un obxectivo enmarcado dentro do proxecto Pontevedra Capital Gastro, impulsado pola concelleira Yoya Blanco, co que a nosa cidade pon en valor a calidade dos seus produtos e o talento da súa cociña. Proxecto estratéxico promovido por Turismo de Pontevedra do que hoxe falamos coa concelleira Blanco, mentres descontamos os días para inaugurar unha nova edición de Etiqueta Negra. Coñecemos destalles con Vanessa L. Chousa desde a organización.