Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar, recoger datos estadísticos y mostrarle publicidad relevante. Si continúa navegando, está aceptando su uso. Puede obtener más información o cambiar la configuración en política de cookies.

Disfruta de la app de Onda Cero en tu móvil.

Temas

Onda Cero Monforte de Lemos

  • logo

    Monforte na Onda 10/12/2015

    Monforte na Onda 10/12/2015

    No programa de hoxe buscamos valoracións do pleno celebrado onte en Monforte cos voceir@s dos grupos que forman a corporación municipal. Unha sesión plenaria na que o equipo de goberno quedou só defendendo uns orzamentos que foron rexeitados polo resto dos grupos.

  • logo

    Monforte na Onda 09/12/2015

    Monforte na Onda 09/12/2015

    Conversamos coa concelleira Marina Doutón que repasa en Onda Cero Monforte o programa de actividades que organizan no concello para o Nadal. O deputado socialista Vicente Docasar Docasar repasa iniciativas que presenta no Parlamento Galego. Co alcalde de Quiroga repasamos novas rutas de sendeirísmo homologadas que poñen en marcha no citado concello e no espazo "Facendo Empresa" coñeceremos unha nova iniciativa posta en marcha en setembro adicada ao interiorismo "Espazo Nu" con Sheila Sheila Perez Gonzalez

  • logo

    Monforte na Onda 04/12/2015

    Monforte na Onda 04/12/2015

    Escoitamos este venres ao alcalde de Monforte é o de Sober falar do conflicto de lindes que estes dous concellos manteñen no polígono industrial. Coa presidenta da Asociación de Veciños da Florida, falamos das reclamacións presentadas no concello de Monforte pedindo que se rebaixe o IBE ata un 0,42%. Entrevistamos a Evaristo Méndez, un dos organizadores da Festa da Pisa en Froxán e Diego López falaranos da elaboración da elaboración de cervexa artesá e recollemos tamén neste días as primeiras reflexións que nos deixaban os polìticos locais na pegada de carteis coa que arranca a campaña electoral do 20 D.

  • logo

    Monforte na Onda 03/12/2015

    Monforte na Onda 03/12/2015

    Auxilia celebra o Día Internacional da Discapacidade cunha mesa informativa na rúa Cardeal de Monforte. Abrimos programa local falando desta asociación con Emilio Nieves Rodriguez. Entrevistamos ao monfortino Fernando Hernández González que acaba de publicar o seu primeiro libro "Juguetes de lo desconocido". Con Ricardo Rodicio, responsable de cultura de A Pobra do Brollón, falaremos do concurso de tapas que arranca o día 4 e como cada xoves temos recomendación literaria coa libreira Ada Agrasar.

  • logo

    Monforte na Onda 02/12/2015

    Monforte na Onda 02/12/2015

    Este mércores repasamos co alcalde de Monforte o proxecto de orzamentos que leva a pleno o día 9. Coa presidenta da Fundación Semente de Monforte coñecemos as ideas finalistas do Concurso de Proxectos Empresariais que teñen en marcha. A coordinadora do Parque Comarcal de Bombeiros falará das precaucións que debemos ter coas chimeneas chegado o inverno para evitar incendios e no espazo "Facendo Empresa" Sara Álvarez Otero virá a contarnos a iniciativa empresarial que pon en marcha a partir deste venres.