Un ano de trámites para ordenar e ampliar o polígono industrial de Monforte. Un anteproxecto que se aprobará inicialmente nun pleno extraordinario convocado para o luns día 8 e que vén de presentar o alcalde José Tomé Roca ó que entrevistamos no programa de hoxe. E a CHMS ten en marcha a campaña de cobro das taxas de 2025 aos regantes do Val de Lemos, falamos co secretario xeral Emilio Domínguez. Entre outros asuntos tempo tamén para o espazo “Facendo Empresa” que adicamos a Barvantia, unha iniciativa empresarial relacionada co turismo da que nos fala a promotora Silvia Martínez.
