Os 900 usuarios que ten a piscina municipal poderán a partir do luns día 2 utilizar tamén o ximnasio municipal que hoxe vén de ser presentado polo alcalde e outros membros do equipo de goberno. 114 mil euros custou equipalo e agora preparan sacar a concurso o servizo de cafetería. É un dos asuntos que repasamos da actualidade máis próxima nunha xornada na que falamos tamén do Trail de Quiroga que se celebra esta fin de semana con récord de participantes, danos máis detalles Guillermo Díaz, un dos membros da comisión organizadora. Recoñecer as peculiaridades dos concellos de montaña piden agrupacións como Caurel Vivo agora que se prepara modificación da Ley de Administración Local, un asunto do que falamos con Óscar Carrete. Presentada a a 43 Feira do Viño de Chantada que se vai celebrar do 6 ó 8 de marzo, repasamos programa de actividades co concelleiro de Cultura Manuel Diéguez. Entre outros asuntos no espazo de AV10, con Héctor Silva, falamos hoxe de como crear unha empresa.
