A Fiscalía Provincial de Lugo interpón unha querela contra o alcalde de Monforte tras recibir unha denuncia por feitos que poderían ser constitutivos de delito. Unha situación que valoran os grupos da oposición, na recta final do programa escoitamos aos voceiros municipais. Tamén se deu a coñecer neste día que será a concelleira Regina López a que asuma, tras a renuncia de Margarita López, as responsabilidades das área de muller e igualdade, que suma á de consumo que xa levaba. O BNG presenta as actividades que van a desenvolver en Monforte e comarca para conmemorar o 8M e que repasamos coa responsable comarcal, Rosana Prieto. Presentado o cartel da Feira do Viño de Amandi, as actividades da Feira e do Mes do Amandi, falamos do programa co alcalde Luis Fernández Guitián a quen preguntamos tamén polo pleno que veñen de celebrar e no que aprobaron os orzamentos municipais que superan os 3M€ para este exercicio. Son algúns dos asuntos que repasamos da actualidade máis próxima.
