Ferido grave un turista accidentado na Fervenza de Augacaída no concello de Pantón. Un suceso que repasamos conversando con Tomás Losada, sarxento do Parque Comarcal de Bombeiros e co alcalde pantonés, José Luis Álvarez. Atendemos á celebración do Día das Bibliotecas coa bibliotecaria do concello de Sober, Julia Fermández. Falamos tamén do Club Natación Monforte con Raquel Escudero, presidenta desta entidade que recupera a partir do luns os adestramentos na piscina climatizada da Pinguela que reabre as portas despois dun ano de obras. Entre outros asuntos conversamos tamén con Santiago Noriega coordinador de Lucus Ensamble que trae a Monforte este sábado un espectáculo adicado a Castelao, da man da Sociedade Filarmónica.
