Repasamos novas da actualidade máis próxima e comezamos cun novo espazo que emitiremos cada quince días adicado ao Camiño de Inverno, hoxe cubrimos a primeira etapa entre Ponferrada e Puente Domingo Flórez con Ana Bernárdez presidenta da Asociación Camiño de Inverno pola Ribeira Sacra. Conversamos con alumnos do IES Daviña Rey que preparan visita a Estrasburgo co profesor Vicente do Casar, temos a Meri, Keira, Alejandro, Iker e Alfi. Escoitamos ao Conselleiro de Cultura, José Campos, repasar folla de ruta da Candidatura da Ribeira Sacra tras reunirse con representantes dos concellos e outras institucións e colectivos para facer balance do traballo realizado nos últimos meses. Entre outros asuntos conversamos tamén con Raquel Fernández, voceira da Plataforma Pacto Fronte a Eólicos que repasa alegacións presentadas contra o proxecto de construción do parque que se proxecta entre O Saviñao e Bóveda.
