Con Manola Porto

Más de Uno Monforte de Lemos 09/04/2026

Programa completo do 09/04/2026

Manuela Porto

Monforte de Lemos |

Presentados os actos de celebración do XXV aniversario do Conservatorio Municipal de Monforte, repasamos a rolda de prensa na que o alcalde deu conta dos mesmos. O cinema documental protagonista da programación do Cine Clube do Ateneo Casino neste mes de marzo, repasamos títulos co animador cultural Maro Carretero co que falamos tamén do espazo Rizoma que él mesmo promove con outros emprendedores. Premio impulso dos plans locais de saúde, que concede á Consellería de Sanidade, ó servizo de atención primaria da Comarca de Lemos, preguntamos por este proxecto ao xefe do servizo, o doutor Rosendo Bugarín. Estréase na novela para adultos a escritora Estefanía Padulles e hoxe falamos con ela deste libro, "Memoria de sombra y bosque", que presenta este venres en Monforte. Entre outros asuntos, recuperamos o gabinete xurídico de AV10 e con Javier Leiro falamos da nova Lei de Prevención do Desperdicio Alimentario.