Con Manola Porto

Más de Uno Monforte de Lemos 05/03/2026

Programa completo do 05/03/2026

Manuela Porto

Monforte de Lemos |

Programa especial da Feira do Viño de Chantada. Abrimos co sumiller Bruno Lobelle que se encarga de organizar catas e túnel do viño. En representación dos adegueiros participantes falamos con Cristina Vázquez da adega Cipreses, Paula Carballada de Vía Romana, Lorena Gay de Adegas Amedo e Óscar González da adega Condado de Sequeiras. Coincidido coa Feira do Viño acolle Chantada un encontro científico internacional sobre novas vacinas para inmunizar contra as bacterias hospitalarias do que nos dan máis datos as investigadoras Astrid Pérez e Arianna Amenta. Na Casa da Cultura podemos ver unha exposición de maquetas das casas modernistas do Ferrol, falamos co autor, Carlos Macías. Repasa datos turísticos de Chantada a encargada da oficina de turismo, Begoña González. E rematamos conversando co alcalde, Manuel Lorenzo e con Iñaki Castiñeira, presidente da Asociación de Comerciantes e Empresarios que coa Feira do Viño celebran unha nova edición da Feira de Oportunidades e de Artesanía.