Repasamos novas da actualidade máis próxima e abrimos co espazo adicado ao sector vitivinícola que adicamos hoxe unha nova adega aberta en Sober, Aborixe. Falamos co seu promotor, Manuel Verao. Repasamos actividade que o concello de Monforte ten programadas para celebrar o 8 M coa tenente alcalde Gloria Prada. Verónica, África, Estefanía, e Martín forman parte do grupo de alumnos do IES Río Cabe que coa profesora Pilar López están seleccionados para final do Parlamento Xove, e veñen a contarnos a súa experiencia. Entre outros asunto repasamos tamén resultados do Open de Bulgaria do que os taekwondistas de Monforte veñen con 2 pratas e 1 bronce, campionato do que nos fala o adestrador José María Vega.
