Vivenda en A Coruña
24/04/2025 14:40
A Coruña será zona de vivenda tensionada cando envíe "á maior brevidade" a documentación correxida
A Conselleira de Vivenda e o Concelleiro de Urbanismo coincidiron en Xuxán, na presentación dunha nova promoción de catorce vivendas. Despois de comezar a semana con unha nova lea á conta da vivenda tensionada, remátana recoñecendo María Allegue que A Coruña terá a declaración cando envie a documentación correxida, algo que será "á maior previdade" segundo apuntou Fran Díaz.