Temas

jorge pumar

Con Jesús Alvarez

Informativo Provincial en Más de Uno Ourense 28/01/2022

No informativo de "Más de Uno Ourense" repasamos os últimos datos da incidencia COVID e a entrada en vigor as novas normas sanitarias. Ademáis falamos da nova reforma laboral e conversamos co secretario da CIG, Anxo Pérez Carballo polas mobilizacións que o sindicato pon en marcha para tentar impedir que se aprobe.

Concello de ourense

Ourense é recoñecida a nivel nacional como Cidade Sostible

A cidade é unha das galardoadas nos Premios Ciudad Sostenible que desde hai 17 anos entrega a Fundación Fórum Ambiental, co apoio do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico e a colaboración de Ecoembes.

Más de Uno Ourense

Entrevista con Jorge Pumar concelleiro de medio ambiente

O edil popular de medio ambiente do Concello de Ourense, Jorge Pumar falou en “Más de Uno Ourense” do premio cidades sostibles, do proxecto de plantación de máis de mil árbores na capital e da polémica tala realizada na Universidade Laboral de Ourense pola Xunta de Galicia.

Concello de Ourense

O viveiro municipal de Ourense inicia unha nova etapa para recobrar o seu esplendor

O concelleiro responsable, Jorge Pumar, amosa a súa satisfacción coas obras desenvolvidas no viveiro municipal “que lle permiten á cidade recuperar unha infraestrutura única que levaba máis dunha década infrautilizada por mor do abandono da instalación por parte de PSOE e BNG cando gobernaron a cidade”

A nova infraestrutura permite a recepción e control de todas as plantas e árbores con destino aos proxectos de xardinería e obras da cidade, así como a súa consolidación como “enfermería” daqueles exemplares de plantas, árbores e arbustos que poidan ser recuperados.

Concello de Ourense

Ourense moderniza as súas canchas multixogos coa inauguración dunha nova instalación no barrio da Cuña

O investimento, de 31.152,24€ euros, permitiu a reconversión da cancha da Cuña nun novo complexo multixogos no barrio, para o fomento do deporte ao aire libre. A obra remodelou o recinto a carón do Centro Sanitario de Atención Primaria, incorporando equipamentos para novos deportes e mellorando o confort dos usuarios.

Esta obra súmase ás recentemente terminadas no parque da A6, no barrio de Barrocás, e no barrio da Ponte, xunto ao centro cívico. Obras que forman parte do plan da Concellería de Medio Ambiente, que ten como obxectivo a execución de 10 actuacións no conxunto dos barrios de Ourense para o fomento do deporte ao aire libre dos cativos e non tan cativos da cidade.

Concello de Ourense

O Concello de Ourense inicia a campaña de plantación de 1.000 árbores na cidade

As plantacións incluirán especies como cerdeiras do xapón, loureiros, castiñeiros, carballos ou perais de fror, entre outras. Desta forma, e con este amplo abano de especies, o Concello potencia o valor ornamental e paisaxístico da cidade, ademais de fomentar a biodiversidade, un factor clave para asegurar a súa permanencia en caso de pragas ou enfermidades graves.

O plan ten un obxectivo: “que todos os alcorques da cidade conten cunha árbore, para que todos os cidadáns de Ourense poidan desfrutar da biodiversidade das especies arbóreas e das súas vantaxes medio ambientais”, afirma Jorge Pumar, concelleiro de Medio Ambiente.

Concello de Ourense

Campaña para dar unha segunda vida ás árbores do Nadal

Os cidadáns poderán entregar as súas árbores tanto no viveiro municipal coma nos puntos de recollida do servizo de punto limpo móbil do Concello de Ourense, que ao longo de toda a semana percorre o conxunto da cidade.

Concello de ourense

A maxia de Disney invade as rúas da cidade

Concello de Ourense e Ecovidrio colaboran na campaña OurenseAxudaReciclando, un reto solidario, onde o obxectivo é poder axudar ás familias máis necesitadas da cidade nestas datas tan significadas.