Concello de Ourense

O Concello inicia os traballos de restauración do espazo das Pozas de Maimón

Pumar recorda que a instalación atópase completamente abandonada e deteriorada desde o ano 2015, creando un “feísmo” na cidade.

Óscar Gómez

Ourense | 03.02.2022 19:21

O Concello inicia os traballos de restauración do espazo das Pozas de Maimón
O Concello inicia os traballos de restauración do espazo das Pozas de Maimón | onda cero

O Concello de Ourense, a través das concellerías de Medio Ambiente e Urbanismo inician os traballos necesarios para a restauración do espazo das Pozas de Maimón. Os concelleiros de Medio Ambiente e Urbanismo, Jorge Pumar e Sonia Ogando, respectivamente, anuncian o inicio das actuacións de recuperación das Pozas de Maimón. Unha infraestrutura que se atopa en total estado de abandono desde o ano 2015.

Os traballos permitirán unha actuación necesaria nesta zona verde localizada no entorno da gran área de esparcimento de Ourense ao carón do Miño, para o desfrute dos veciños e visitantes de Ourense, afirma o concelleiro Jorge Pumar.

Pumar recorda que a instalación atópase en completo deterioro desde fai máis de seis anos, “creando un feísmo” na cidade, o que esixe unha actuación integral e rexeneradora, e sobre todo que reforce a súa seguridade, para que a cidade recupere este paraxe verde singular.

O espazo das pozas de Maimón, construído ao amparo do plan E cunha inversión de 230.000 euros no ano 2009, atópase en desuso e abandonado desde o ano 2015, cando pechou a última concesión hosteleira, Bull River Club. A instalación, xa en completo abandono, sufriu un incendio no verán de 2019 que danou a estrutura central do edificio.

A Concellería de Medio Ambiente xa traballa co estudio de arquitectura contratado, Urba+, na definición do proxecto de demolición dos restos do antigo edificio da cafetería do Pazo de Maimón. O abandono durante anos e o incendio acaecido no ano 2019 impiden a recuperación desta infraestrutura esixindo a súa demolición, por seguridade, e para eliminar este “feísmo” na zona de especial importancia para a cidade, informa Jorge Pumar.

As liñas de actuación que se levarán a cabo no proxecto de recuperación basearanse nos principios de respecto a riqueza natureza de este espazo singular e a os criterios de sostenibilidade urbana marcados desde Europa. Lembra Pumar que “a cidade verde que todos queremos esixe actuacións como esta, onde recuperamos e pomos en valor este espazo degradado para o desfrute de todos”.