Temas

concelleiro

PROGRAMA COMPLETO

Más de Uno Pontevedra 17/11/2022

Abrimos o programa coa actualidade do día e conversando co primeiro tenente de alcalde e concelleiro de Medio Ambiente de Caldas de Reis, Manuel González. Buscamos a previsión metereolóxica e, como cada xoves, recibimos a visita de Rodrigo Cota. Ademais, completamos o programa tomando a última antes de marchar con Anxo Cabada, fotógrafo estradense que ata o 15 de xaneiro expón no Museo de Pontevedra a mostra "Sombras Atlánticas. Retratos da arte galega".

Máis de Un Pontevedra

Iván Puentes: "A exposición Pontevedra Flúe é unha oportunidade para coñecer en detalle o modelo de cidade verde e azul no que traballamos"

Pontevedra Flúe reúne unha vintena de proxectos que suman 20 millóns de euros e que permitirán renaturalizar os ríos e espazos naturais. Todos eses proxectos, que conforman un modelo de cidade verde e azul, son agora difundidos entre a cidadanía pontevedresa a través dunha exposición itinerante que a concellería de Desenvolvemento Natural acaba de inaugura na Ponte do Burgo. Coñecemos todos os detalles en compañía co concelleiro socialista Iván Puentes

Máis de Un Pontevedra

Iván Puentes: "Imos destapar o Gafos e comezaremos este verán coa recuperación do tramo desde as rúas da Tablada e Rosalía de Castro ata San Roque"

Conversamos concelleiro de Desenvolvemento Sostible, o socialista Iván Puentes, sobre o ambicioso proxecto para destapar o río do Gafos na cidade de Pontevedra. Xa está en marcha a contratación do proxecto que permitirá recuperar o tramo do río que discorre na súa desembocadura. Ademais, xa é inminente a convocatoria do concurso internacional de ideas para liberar o río dos Gafos ao seu paso por Campolongo.