11/10/2022
Iván Puentes: "O novo parque de xogos de auga vai axudar a que a xente reconecte co río Lérez"

- 14:37 MIN
Iván Puentes: "O novo parque de xogos de auga vai axudar a que a xente reconecte co río Lérez"
O primeiro parque de xogos de auga da cidade comezará a construírse nas vindeiras semanas na ribeira do río Lérez que discorre polo Paseo de Rafael Areses (entre as pontes de Santiago e Os Tirantes). Coñecemos os detalles do proxecto co concelleiro de Desenvolvemento Natural de Pontevedra, Iván Puentes
Neste enlace directo á nosa web podes volver escoitar a entrevista no programa "Máis de Un Pontevedra"


