PROGRAMA COMPLETO

Más de Uno Pontevedra 29/09/2025

Abrimos o primeiro programa da semana coa actualidade do día e conversando co economista Juan Carlos Muñoz. Buscamos a previsión metereolóxica para as vindeiras horas e estreamos espazo para estar en saúde con Noelia Catalán. Ademais, como cada luns, falamos de moto con Abel Millán e cantamos en galego para poñer ritmo ao comezo de semana.

PROGRAMA COMPLETO

Más de Uno Pontevedra 26/09/2025

Abrimos o programa deste último venres de setembro coa actualidade do día, conversando co alcalde de Poio, Ángel Moldes, e buscando a previsión metereolóxica para as vindeiras horas. Recibimos a visita de Carmen Quinteiro para un novo venres educativo e, ademais, completamos o programa cunha completa axenda cultural e de ocio para a fin de semana.

PROGRAMA COMPLETO

Más de Uno Pontevedra 25/09/2025

Abrimos o programa coa actualidade do día e conversando co portavoz municipal do PP en Pontevedra, Rafa Domínguez. Buscamos a previsión metereolóxica para as vindeiras horas e recibimos a visita de Rodrigo Cota coa súa particular ollada sobre os temas da semana. Celebramos o Día Mundial do Turismo en Soutomaior e tomamos a última antes de marchar coa Uned Pontevedra.

PROGRAMA COMPLETO

Más de Uno Pontevedra 24/09/2025

Abrimos o programa coa actualidade do día e falando de saúde visual con Mónica Gómez Lor. Convidamos ao tempo de entrevista ao alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores e, retomamos a visita quincenal do colectivo “De vella a bella”.

PROGRAMA COMPLETO

Más de Uno Pontevedra 23/09/2025

Abrimos o primeiro programa do outono coa actualidade do día e conversando coa presidenta da AECC de Pontevedra, Ana García. Buscamos a previsión metereolóxica para as vindeiras horas e entrevitamos ao delegado territorial da Xunta, Agustín Reguera. Ademais, visitamos a Fábrica da Luz en Caldas de Reis e, como cada martes, citámonos na Librería Cronopios con Mercedes Corbillón.