Temas

concelleiro

Máis de Un Pontevedra

Iván Puentes leva "Pontevedra flúe" ao Cities Forum de Turín organizado pola Comisión Europea

Visítanos o concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural, o socialista Iván Puentes, para falarnos da súa viaxe a Turín a semana que vén. Participará na primeira reunión física do Partnership Greening Cities, unha alianza comunitaria deseñada no marco da Comisión Europea co obxectivo de impulsar a renaturalización de cidades e a loita contra o cambio climático.

PROGRAMA COMPLETO

Más de Uno Pontevedra 16/02/2023

Abrimos o programa coa actualidade do día e conversando co concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural de Pontevedra, Iván Puentes. Buscamos a previsión metereolóxica para pechar o programa que hoxe tivo versión reducida para dar paso á programación especial de Onda Cero Galicia desde o entroido de Verín.

Máis de Un Pontevedra

Puentes: "Avanzan a bo ritmo as obras para transformar a antiga ponte do ferrocarril nun balcón sobre o Lérez"

Conversamos co concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural, Iván Puentes, sobre a estratexia "Pontevedra flúe" e a obra que xa está máis avanzada: a rehabilitación e acondicionamento da antiga ponte do ferrocarril que na primavera estará convertida nun balcón sobre o río Lérez. Ademais, este proxecto é só a primeira parte para integrarse na futura vía verde entre Vilagarcía e Pontevedra.

PROGRAMA COMPLETO

Más de Uno Pontevedra 23/01/2023

Comezamos o programa coa actualidade da xornada e conversando con Alfonso Martínez, presidente do CETS de Sanxenxo. Buscamos a previsión do tempo para as vindeiras horas e abrimos tempo de entrevista co concelleiro de Memoria Histórica de Pontevedra, Xaquín Moreda. Ademais, como cada luns, falamos do mundo do motor con Abel Millán e escoitamos música nunha nova edición de "Cántamo... en galego!".

PROGRAMA COMPLETO

Más de Uno Pontevedra 29/12/2022

Abrimos o programa coa actualidade do día e conversando co delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López. Como cada xoves, recibimos a visita de Rodrigo Cota e, ademais, completamos o programa tomando a última antes de marchar coa nosa libreira de cabeceira, Mercedes Corbillón.