Temas

concelleiro

NOTICIAS

Nadal ... en Sanxenxo

Outro dos municipios das Rías Baixas que abre paso ao nadal localízase no concello de Sanxenxo. Estes próximos días, a vida desta turística localidade entrégase de cheo a unhas datas que se vivirán con especial intensidade, grazas de actividades e citas que contempla un amplo programa: ‘Nadal Sanxenxo’.

MÁS DE UNO PONTEVEDRA

Iván Puentes: “O Plan de Sostibilidade Turística de Pontevedra financiarase con fondos europeos”

O Plan de Sostibilidade Turística deseñado conxuntamente polas concellerías de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural e de Promoción Económica e Turismo logrou ser elixido entre os 9 proxectos consensuados e aprobados polo Goberno central e a Xunta para incluírse dentro dos Plans de Sostibilidade Turística en Destino (PSTD) que se desenvolverán en Galicia ao amparo do Plan Territorial Litoral. Conversamos co concelleiro socialista Iván Puentes sobre os proxectos previstos para a cidade de Pontevedra.

CON SUSANA PEDREIRA

Más de Uno Pontevedra 15/10/2021

Comezamos o programa coa actualidade do día e da semana. Buscamos a previsión metereolóxica e convertemos a radio nun conto coa mestra e escritora pontevedresa Carmen Quinteiro. Ademais, completamos o venres cunha axenda cultural e de ocio para a fin de semana.

CON SUSANA PEDREIRA

Más de Uno Pontevedra 06/10/2021

Abrimos o programa coa actualidade da xornada e coa previsión do tempo que nos deixa un anticiclón disposto a quedarse durante toda a ponte do Pilar. Abrimos tempo de entrevista co tenente de alcade de Caldas de Reis, Manuel González, e lembramos a actualidade pontevedresa de hai cinco anos para volver ao presente falando de mobilidade co deputado Uxío Benítez. Ademais, falamos do novo ciclo cultural "Guerrilla" e botamos o peche, como cada mércores, con Carmen Quinteiro.

Políticas económicas municipais

O programa 'Poio Confía' logra superar o 90% de participación do tecido empresarial

Poio respira despois de semanas de peche pola Covid19. O concello acaba de impulsar unha certificación 'Poio confía' para garantir a seguridade sanitaria nos establecementos de hostaleria e comerciais. Nunha entrevista con Greogorio Agís, concelleiro de Promoción Económica, abordamos a desescalada, o saneamiento, a mellora no porto de Raxo ou o estudo de Tambo.