Protestas Bombeiros

Menor prioriza o diálogo cos bombeiros pero condena “profundamente este xeito de reivindicar”

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, prioriza o diálogo cos bombeiros dos parques comarcais, na procura dunha solución ás súas reivindicacións, pero condena “profundamente este xeito de reivindicar”.

Óscar Gómez

Ourense | 24.10.2023 07:52

Menor prioriza o diálogo cos bombeiros pero condena “profundamente este xeito de reivindicar”
Menor prioriza o diálogo cos bombeiros pero condena “profundamente este xeito de reivindicar” | onda cero

Aínda que os profesionais que prestan os seus servizos nos parques ourensáns teñan mellores condicións, dixo o presidente provincial, “non imos entrar en poxas nin subastas; este é un servizo de Galicia e a solución terá que ser a nivel autonómico”. As posturas entre os demandantes e as administracións -Xunta e deputacións- están distantes, recoñeceu Luis Menor, apuntando que “os plantexamentos dos bombeiros son moi extremos e considero que fai falta un exercicio de diálogo”.

O presidente da Deputación de Ourense comprometeuse a trasladar as reivindicacións que lle fixo chegar a delegación de bombeiros, “porque sempre priorizo o diálogo coas persoas e máis coas que traballei”, en referencia ao seu paso pola Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, condena los numerosos desperfectos ocasionados en el Pazo Provincial “porque as formas de reivindicar non foron as debidas, e non se pode perder a razón deste xeito e con estropicios que agora pagaremos nós”.

Folga de bombeiros de ourense
Folga de bombeiros de ourense | Faro de Vigo

Concentración de bombeiros en Ourense

A concentración de hoxe en Ourense, igual que a do pasado día 20 en Pontevedra, responde ao fartazgo acumulado dos bombeiros, que ven como durante anos son ignorados polas administracións responsables. Os bombeiros comezaron a súa protesta achegándose á sede da Deputación de Ourense contra o mediodía, onde un cordón policial impedía o acceso ao edifico institucional. Logo dun forcexo no que o colectivo de bombeiros tentou achegarse á entrada da sede da Deputación, os axentes da UIP comezaron unha carga

(descoñecemos se autorizada) na que comezaron a dar golpes con contundencia á altura das cabezas dos manifestantes, e como se pode visualizar en infinidade de documentos gráficos, de arriba a abaixo, que entendemos non responden aos procedementos regulamentarios. Esta carga feriu a varios bombeiros que en actitude de defensa erguían as mans para protexerse, sumando un importante reconto de lesións de diferente gravidade nas súas extremidades superiores. No caso máis extremo, froito do golpe directo dun policía sobre a cara dun bombeiro, temos unha fractura múltiple de nariz e pómulo.

Destacado foi tamén, polo seu efecto visual, o desafortunado emprego dun insecticida, que logo de inflamarse durante a súa exección, puido interpretarse como unha ferramenta de ameaza por parte dos bombeiros, pero cabe subliñar que o lume non chega aos axentes policiais, se non que pasa pola cabeza de moitos compañeiros antes de diluírse.

Dende o Comité de Folga, instamos aos bombeiros a que manteñan a calma nas vindeiras citas (27 na deputación coruñesa e o 31 na lucense) condenando calquera forma de agresión e esiximos ás administracións que cumpran co acordado. A reunión que cancelaron por non ter feitos os deberes terá que celebrarse si ou si, e agardamos que cando teña lugar, veñan coa capacidade legal suficiente para negociar así como co asesoramento técnico preciso.