Industria

Impulso de viveiros industriais que favorezen as empresas

A secretaria xeral de Industria, Paula Uría, visitou as obras do viveiro de empresas que a Xunta de Galicia apoia na Veiga dentro das axudas para impulsar este tipo de infraestruturas nos concellos galegos.

Óscar Gómez

Ourense | 08.03.2023 09:07

Impulso de viveiros industriais que favorezen as empresas
Impulso de viveiros industriais que favorezen as empresas | onda cero

Trátase dun dos sete viveiros apoiados na última convocatoria e ten cunha superficie construída de 556,67 metros cadrados para albergar zonas comúns tanto para o servizo de emprendedores e produtores locais, como para a venda de produtos locais, charlas ou exposicións. Ademais conta cunha zona de salas independentes para diferentes usos como laboratorio ou despece de carne. No exterior haberá zonas verdes e aparcadoiros. O investimento total ascende a 440.000 euros dos que a Xunta achega un total de 240.000 euros.

Tal e como explicou a secretaria xeral, este tipo de infraestruturas contribúen a favorecer a implantación inicial e consolidación de empresas converténdose nun apoio importante para novos empresarios durante as primeiras etapas de actividade e para a implantación de empresas. Desde a posta en marcha desta liña de axudas en 2016, a Administración autonómica xa apoiou un total de 24 viveiros industriais que mobilizaron 6,88M€.

A liña forma parte dos apoios que a Xunta de Galicia ofrece aos concellos galegos para mellorar as súas zonas empresariais. Así, o Goberno galego aposta por fortalecer o tecido industrial afincado en Galicia, mellorando a súa competitividade; así como modernizar as infraestruturas de apoio ao tecido empresarial. Pretende ser, ademais, un impulso para a captación de investimentos en Galicia.