Bamintón

Ignacio Fernández medalla de bronce no Camponato de mundo de Tokio

Resultado histórico para o parabádminton español, Ignacio Fernández consegue unha medalla de bronce na modalidade de dobres mixtos xunto a súa compañeira austríaca Henriett Koosz.

Óscar Gómez

Ourense | 08.11.2022 09:11

Ignacio Fernández medalla de bronce no Camponato de mundo de Tokio
Ignacio Fernández medalla de bronce no Camponato de mundo de Tokio | onda cero

"Agradezo esta medalla ao Club Athlos, a todas as persoas coas que tiven a oportunidade de tocar o volante e aprender delas", dixo Ignacio Fernández antes de regresar a España. Ademais de agradecer a súa achega ao Centro Galego de Tecnificación Deportiva, Fernández quixo facer unha mención especial e agradecer “sobre todo aos meus pais que pasaron un verán difícil, que son os que me deron os meus valores e aos que lles déboo todo, así como aos meus irmáns, irmá e resto da familia».

Ignacio Fernandez
Ignacio Fernandez | onda cero

Así mesmo nesta fin de semana o Club Athlos consegue duas medallas de ouro, unha de prata e outra de bronce no torneo N7 Sub 11 e Absoluto, disputado en Ponteareas. Como xogadores Sub 11 se desplazaron a Ponteareas: Martina Rodríguez, Leo Álvarez, Ethan Busto, Gabriel Sánchez, Daniel Fernández, Hugo Blanco e Ibai Baltar. E como xogadores Absolutos: Sara Galicia, Marta Fernández e Antonio Iglesias.

Antonio Iglesias consigue medalla de ouro no individual masculino absoluto. Sara Galicia e Antonio Iglesias medalla de ouro no dobres mixtos absoluto. Prata de Marta Fernández e Sara Galicia no dobres feminino absoluto e bronce de Hugo Blanco e Ibai Baltar no dobres masculino sub11.

Así mesmo destacar os quintos postos de Daniel Fernández e Hugo Blanco no individual masculino sub11 e a primeira participación nun torneo territorial de Ethan Busco e Martina Rodríguez.

Sara Galicia, Marta Fernández e Antonio Iglesias.
Sara Galicia, Marta Fernández e Antonio Iglesias. | onda cero