A Deputación de Ourense, a través do Inorde, edita o Programa Provincial do Entroido 2026, unha publicación que será distribuída en locais de hostalería e oficinas de Turismo de toda a provincia para promocionar esta celebración etnográfica.
Esta publicación que a Deputación de Ourense edita desde 2017, recompila os máis de 350 actos previstos en máis de 65 localidades de 39 concellos da provincia, a celebrar entre o 7 e o 22 de febreiro, aínda que en case todos os municipios ourensáns contan con algún evento ao redor desta celebración tan senlleira.
O entroido de Ourense en datos
- Máis de 350 actos
- Máis de 65 localidades
Entroidos máis destacados da provincia de Ourense
Entroido de Interese Turístico Internacional
- Entroido de Xinzo de Limia
Entroido de Interese Turístico Nacional
- Entroido de Verín
- Entroido de Manzaneda
- Entroido de Viana do Bolo
- Entroido de Vilariño de Conso
Entroido de Interese Turístico Galego
- Entroido de Maceda
- Entroido de Laza
Once entroidos galegos contan coa Declaración de Festa de Interese Turístico, dos cales sete de eles están na provincia de Ourense. Actualmente, o de Xinzo é de Interese Turístico Internacional, o de Verín de Interese Turístico Nacional, aos que se sumaron nesta edición por primeira vez, os de Manzaneda, Viana do Bolo e Vilariño de Conso, e os de Maceda e Laza son de Interese Turístico Galego.
Na última edición de Fitur foron presentados os “Entroidos do Oriente Ourensán”, trala súa recente declaración de Festa de Interese Nacional, captando a atención de numerosos visitantes á feira.
Ademais, a Deputación abriu o Museo Galego do Entroido, situado en Xinzo de Limia, coincidindo con estas datas desta celebración etnográfica e estará aberto, inicialmente, ata o mes de xuño.
Ademais de en formato físico, a guía pódese consultar tamén en internet

