Os Entroidos de Manzaneda, Viana do Bolo e Vilariño de Conso foron declarados Festa de Intere3se Turístico Nacional.
O Boletín Oficial do Estado publica a resolución pola que é adotada unha decisión que recoñece a singularidade das tradición e da cultura e que pon en valor a identidade galega, segundo puxo de manifesto o Delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, quen entende que a resolución suporá un revulsivo para estas zonas nas que o turismo terá un importante impulso.

