Entroido na Coruña
17/02/2026 14:52
A placa de "As Toliñas" de Bego e Isa, choqueiras de 2026, xa forma parte da fachada do entroido coruñés
O tempo respetou na mañá do martes de entroido na cidade da Coruña. Un ano máis, os actos partiron da rúa do Parque, con concentración de comparsas e as cantigas de entroido. E despois houbo a homenaxe ás choqueiras do 2026, Bego e Isa, coa colocación da placa que as inmortaliza á carón doutras figuras do entroido coruñés.










