O corte con tractores na A-52 en protesta contra o acordo da Unión Europea con Mercosur podería impedir a celebración do desfile de Entroido en Xinzo de Limia.
Así o advirte a Subdelegación do Goberno que apunta a unha incidencia directa sobre a mobilidade e a seguridade vial xa que o tráfico está a ser desviado pola estrada nacional 525 que atravesa a vila limiá pola que pasan uns 4 mil vehículos diarios.

