Infraestructuras

A Deputación consegue do Adif o compromiso para a reparación de 16 quilómetros de vías provinciais

As obras realizaranse en varios tramos de catro estradas O arranxo das estradas, incluíndo fundamentalmente “a renovación da capa de rodadura e a regularización e reforzo do firme, moi afectados polo constante paso de camións e maquinaria de gran tonelaxe”.

Na maior parte dos casos as reparacións inclúen o ancho completo da vía e, ademais da reposición ou reforzo do firme, o pintado de marcas viarias reflectantes en zonas puntuais.

Xunta de Galicia

Máis de 8M€ en novas axudas aos parques empresariais por parte da Xunta

A Xunta abre o prazo de solicitude para acceder ás axudas destinadas a modernizar as infraestruturas, que incorporan como novidade a posibilidade de instalar servizos de subministración de gas e hidróxeno; a implantar viveiros industriais e a liña para reforzar as redes de distribución eléctrica.

Economía

Manuel Baltar reivindicará en Bruselas un reparto “limpo e transparente” dos fondos europeos de reconstrución

O presidente da Deputación de Ourense e de Partenalia trasladará a “fonda preocupación” dos gobernos locais ourensáns ante a “xestión e o destino” das partidas: “Queremos saber por que o Goberno de España está facendo o que está facendo, ou non está facendo o que debería facer”

Acompañado dun importante grupo de representantes institucionais, Manuel Baltar pedirá ante os altos organismos comunitarios unha “maior transparencia” do Goberno central: “Necesitamos información, coñecemento, urxencia, planificación e resolución”