Aniversario

Manuel Baltar cumpre 10 anos como presidente da Deputación de Ourense

Manuel Baltar mira ao futuro da provincia, con proxectos clave impulsados pola Deputación, como o Centro FP ou o gran hotel termal: “Teño tanto orgullo polo logrado nesta década coma forza para os tempos que veñen”

Óscar Gómez

Ourense | 07.02.2022 08:07

Manuel Baltar cumpre 10 anos como presidente da Deputación de Ourense
Manuel Baltar cumpre 10 anos como presidente da Deputación de Ourense | onda cero

Manuel Baltar dez anos como presidente da Deputación de Ourense. “Dez anos, tres mandatos. Creo o que futuro está aínda por escribir, pero aí está o legado deste tempo”, sinala sobre unha data na que marca fitos conseguidos como “o liderado nacional en transparencia, aprobar os orzamentos antes que ningunha outra administración pública en España, a débeda cero ou converter a Ourense na provincia galega máis segura, con todos os seus pobos a menos de 30 minutos dun GES”.

O presidente da Deputación mira ao futuro de Ourense apoiándose en cuestións centrais pivotadas polo goberno provincial, como “o Centro Galego de FP; o Plan “Ourense, Provincia Termal” -e o futuro co gran hotel balneario- ou situar a Ribeira Sacra como Patrimonio Mundial grazas a ese expediente reactivado dende este goberno provincial”. O líder ourensán refírese tamén a accións xa executadas como o Edificio Provincia Intelixente e o Observatorio Económico Ourensán, e a proxectos como a Ourense Film Comission.

Incide Manuel Baltar en como moitas destas liñas de traballo da Deputación apelan á identidade de Ourense, como “contar cun himno propio, os premios Ourensanía ou o debate sobre o estado da provincia”. Neste eido sobresaen outras medidas desenroladas nesta década, como bautizar o centro cultural co nome do investigador Marcos Valcárcel, organizar a exposición “In Tempore Sueborum” ou potenciar a Real Banda de Gaitas. E, precisamente, a posta en valor do territorio é un dos eixos do Inorde, con accións centrais para o sector primario como a Marca Ourense.

Baltar 10 anos de presidente
Baltar 10 anos de presidente | onda cero

A única deputación cun plan de mandato, transparente e motor da autoesixencia

Son todas estas, sinala o presidente provincial, cuestión organizativas nas que “ten un peso importante a xestión e o rigor. Claves de procesos nos que me acompañan un grandísimo equipo, non so as deputadas e deputados do meu goberno, senón tamén os servizos dunha institución xove e con capacidade para atraer aos mellores”. Unha acción de goberno, recorda, impulsada a través dunha nítida folla de ruta: “Todo o equipo sabe que temos un plan. Somos a única deputación, a única institución provincial de España, que concorre a unhas eleccións cunha serie de medidas innovadoras”. O vixente é o Plan 7273, no que se indica o día, a hora, o mes e o ano no que se realizarán as actuacións previstas. “Xogamos coas cartas boca arriba

para que as veciñas e veciños vexan non so esa transparencia senón tamén o rigor e os obxectivos. É unha forma de autoesixirnos, de cumprir retos e asumir os novos desafíos que sorxen cada día”. Neste décimo aniversario da súa presidencia, Manuel Baltar volta a ollada cara o futuro, con proxectos clave impulsados pola Deputación de Ourense, que este ano celebrará os seus 200 anos. “O parque acuático de Monterrei será unha referencia do noroeste peninsular e a Casa da Lusofonía estará integrada na rede de casas do Ministerio de Asuntos Exteriores”.

Traballo en rede e visibilidade nacional e internacional

O presidente ourensán remarca como o goberno provincial foi implantando nesta década plans como o ChegOU ou o BenOurense; así coma proxectos europeos como o EmprendOU, a Raia Termal, o Destino Turístico Intelixente ou deseñar a primeira estratexia provincial para os fondos NextGeneration e o marco financeiro plurianual. “Estes plans so os podemos conseguir grazas a visibilidade que temos. Unha visibilidade nacida do traballo en rede e de pertencer a organismos nacionais e internacionais nos que somos decisivos”, reflexiona. Manuel Baltar é integrante da xunta directiva da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) -o primero ourensán que acada esa posición, e suma o seu segundo mandato-, vicepresidente da Federación Nacional de Municipios con Embalses e está no comité de dirección da Fundación de Democracia y Gobierno Local. En clave internacional, é presidente de Partenalia -a asociación europea de gobernos intermedios- e da EHTTA -asociación de cidades termais históricas de Europa-, ademais de vicepresidente da Confederación Europea de Poderes Locales Intermedios (CEPLI). “E estar no Eixo Atlántico e presidir o Foro Termal, a importancia das alianzas con La Vuelta, con EEUU, coa UVigo e UNED, a CEO, a Cátedra para o Reto Demográfico… En definitiva, moitas responsabilidades, moitas sinerxias e un so obxectivo: a mellora de Ourense”.

Manuel Baltar 10 anos de presidente
Manuel Baltar 10 anos de presidente | Onda Cero

Novos proxectos para realzar o atractivo de Ourense

“Vivimos un momento especial coa chegada da Alta Velocidade”, lembra Manuel Baltar, que remarca a importancia da “sacudida competitiva” que supón o AVE: “Aproveitaremos estar a dúas horas e dez minutos de Madrid igual que a nosa veciñanza con Portugal. E todos os proxectos que temos en mente, moitos coñecidos e outros que desvelaremos nos próximos tempos”. O resultado desta suma de factores, destaca o presidente provincial, repotenciará o atractivo de Ourense. Un territorio no que a Deputación sempre está, e estará, para coordinar, impulsar e acompañar o progreso provincial: “Festival de Cine? Aí está a Deputación. ICC Week? Aí está a Deputación. Mobile Week Ourense? Somos a única provincia de España na que se desenvolve esta iniciativa coa Mobile World Congress de Barcelona”.

Por todo isto, Manuel Baltar confésase moi satisfeito: “Teño tanto orgullo co conseguido entre todos nestes dez anos coma forza para os próximos tempos que veñen para Ourense”.