Xunta de Galicia
A Xunta destaca a evolución das obras do centro integral de lume de Toén
José González remarcou o traballo realizado na reforma da antiga lavandaría -que será un edificio administrativo e formativo-, cunha “extraordinaria cuberta de madeira” posta en valor dentro dunha recuperación que aposta pola sostibilidade.










