Ourense Provincia

Antonio Carreño recibe a Medalla de Ouro da provincia por toda unha vida dedicada a docencia

A Deputación condecora a Carreño “como homenaxe e recoñecemento do pobo de Ourense a toda unha vida dedicada á docencia, á incansable e rigorosa investigación e xunto coa súa superación persoal que o levou dende Parada de Sil a ser considerado o máis alto especialista mundial na figura de Lope de Vega”.

Óscar Gómez

Ourense | 22.11.2023 08:01

Antonio Carreño recibe a Medalla de Ouro da provincia por toda unha vida dedicada a docencia
Antonio Carreño recibe a Medalla de Ouro da provincia por toda unha vida dedicada a docencia | onda cero

O profesor, escritor, investigador e filólogo Antonio Carreño González recibeu a Medalla de Ouro da provincia, unha condecoración concedida pola Deputación “como homenaxe e recoñecemento do pobo de Ourense a toda unha vida dedicada á docencia, á incansable e rigorosa investigación e xunto coa súa superación persoal que o levou dende Parada de Sil a ser considerado o máis alto especialista mundial na figura de Lope de Vega”, tal e como quedou reflectido, a través da lectura da acta a cargo do instructor do expediente, César Fernández, no acto solemne desta mañá, que estivo presidido polo máximo responsable provincial, Luis Menor.

como recoñecemento do pobo de Ourense a toda unha vida dedicada á docencia

Trala lectura da “laudatio” do homenaxeado a cargo do xornalista Lalo Pavón, quen glosou o “apabullante currículum docente e investigador de Antonio Carreño” e lembrou que “chegar a tal nivel académico non foi doado, pois naceu nunha casa dunha aldea de Parada de Sil onde o que abondaba era o traballo e a necesidade”, tomou a palabra o homenaxeado, o profesor Carreño.

“No fue fácil. No, no fue fácil estar hoy aquí. No fue fácil llamarse Antonio Carreño. Como escribía el lejano Francisco Aldana, el Divino, «Tras tanto acá y allá, yendo y viniendo», uno indaga en el inconsciente de uno mismo la mítica vuelta a su casa. El que sale de su casa y siempre quiere volver repite el viaje de vuelta, real o imaginado, del gran Odiseo celebrado por Homero en la Odisea, de vuelta a su Ítaca, al lado de su Penélope. El espacio de la lejanía y del encuentro; de la añoranza y de la inquietud. Y en mi caso, de la mano de la palabra”, sinalou Antonio Carreño, quen articulou o seu discurso, precisamente, ao redor da importancia da palabra.

Por último, Antonio Carreño agradeceu a distinción da Deputación: “Esta medalla que me concede la ciudadanía de Ourense es también un reconocimiento y un homenaje a la labor pedagógica de quienes enseñan, instruyen y educan a las nuevas generaciones con la palabra. Sin afán de lucro, altruistas, sin esperar ni desear ningún reconocimiento. La labor pedagógica, profesionales de la educación, moldea el futuro de una sociedad. Instruir, educar, a través de la palabra clara, precisa, a veces contundente, de boca del profesor. Amolda una conducta, una identidad. Y el futuro de lo que seremos”.

Antonio Carreño recibe a Medalla de Ouro da provincia por toda unha vida dedicada a docencia
Antonio Carreño recibe a Medalla de Ouro da provincia por toda unha vida dedicada a docencia | onda cero

Agradecemento a todos os que o fixeron posible

No peche do acto, o presidente provincial destacou que “a Deputación de Ourense, como depositaria da representación xeral da cidadanía e por decisión dos seus representantes, expresou por unanimidade a concesión da Medalla de Ouro a Antonio Carreño, pasando así a integrar o selecto grupo dos fillos distinguidos. Foi un traballo iniciado pola anterior Corporación provincial que agora rematamos. Grazas a todos os que o fixeron posible”.

No tocante ao legado do homenaxeado, Menor destacou que “as letras e traballos de Antonio Carreño seguen no tempo ás de figuras senlleiras de Ourense como o insigne Padre Feijóo ou o lembrado Ben-Cho-Sey. Si, un orgullo para min e a miña veciñanza, permítanme a licencia, pois ambos os dous eran orixinarios do concello de O Pereiro que me honro tamén en presidir, e cuxo legado sigue vixente”. Luis Menor quixo amosar o agradecemento a Luis Carreño en nome da provincia: “Grazas por tanto, profesor. Ourense sempre estará en débeda con vostede, polo que esta medalla non só é merecida, tamén é moi necesaria”.