Éxito da Feira do Viño do Ribeiro

A choiva non impedíu que milleiros de persoas visitasen Ribadavia

Logo de tres días de feira, a organización fai balance positivo de asistencia e dos máis de 200 participantes na "Cata popular".

Jesús Álvarez

Ourense | 06.05.2024 10:28

A choiva non impedíu que milleiros de persoas visitasen Ribadavia
A choiva non impedíu que milleiros de persoas visitasen Ribadavia | Consello Regulador DO Ribeiro

En Ribadavia o mal tempo non puido ca celebración da 61 edición da “Feira do Viño do Ribeiro” na que participaron 36 adegas e colleiteiros superando, segundo os organizadore,s as expectativas de público e tamén na cata popular na que houbo máis de douscentos participantes.

O primeiro premio para a categoría de viños brancos de adegueiros foi para Alter 2023 de Priorato de Razamonde e no de colleiteiros para Zapicos de Verea 2023 de Adegas Gómez San Martín.

Na categoría de tintos o gañador foi Viña Carpazal Selección 2022 de Cristian Rodríguez Vázquez en colleiteiros e Preto de Leive 2022 de Leive Ecoadega en adegas.

A Feira do Viño do Ribeiro servíu tamen para confirmar que o presidente da Denominación de Orixe Ribeiro, Juan Casares deixará o cargo para ocupar o seu acta de deputado polo PP no parlamento de Galicia. Mentres a nova Conselleira de Medio Rural, María José Gómez aproveitou a sua visita ao evento para salientar “a aposta da Xunta pola promoción e a recuperación do territorio para poñer en valor o sector vitivinícola galego”.