A Deputación Provincial de Ourense colaborará cona Asociación Empresarial de Profesionais Autónomos de Ourense (AEPA) para facer da provincia a primeira no ámbito nacional de acollida a este tipo de empresarios. Así o acordaron os presidentes de ambas entidades, Luis Menor e David Martínez.
A proposta será visible nunha xornada deseñada como o primeiro gran encontro de traballadores autónomos a nivel nacional.
O presidente Menor declarou que o valor dos autónomos na nosa provincia é "incalculable" e que "facer de Ourense unha provincia acolledora con estos traballadores será unha fonte de mellora económica especialmente para o rural".