Xunta de Galicia

IXP Mel de Galicia no Salón Gourmets

17/04/2026 10:18

Luís González Carballal traslada ó Salón Gourmets a paixón familiar do Colmenar de Sara, formando parte do túnel do mel galego

Galicia exhibe no Salón Gourmets a variedade e calidade do mel que producen boa parte dos casi cincuenta envasadores que están acollidos a Indicación Xeográfica Protexida Mel de Galicia. Un deles é Luís González Carballal, que no lugar de Untes, en Ourense, herdou a paixón pola mel, xunto co seu irmán Francisco. Porque a sua empresa, O Comenar de Sara, é o proxecto empezado polo pai de Luís, Francisco, coas duas colmeas que lle regalaron pola sua boda no ano 1976 con Sara.

Cooperación

17/04/2026 08:04

Manuel Pardo conciencia aos alumnos sobre a importancia dos incendios forestais

Manuel Pardo explicou que esta iniciativa da Xunta busca concienciar aos máis cativos sobre a importancia da prevención dos incendios forestais, dar a coñecer as instalacións que conforman o dispositivo, así como revalorizar a profesión e incrementar o prestixio social dos efectivos que loitan contra os lumes.

É o segundo ano que expoñen no Salón Gourmets

16/04/2026 14:16

Tupana Obrador leva ao Salón Gourmets o traballo de cinco xeracións coa nova gama de rosquillas e tartas de queixo de Arzúa

Carlos Gándara fala e amosa o orgullo do traballo do obrador familiar, situado en Nigrán, e que é exemplo de unha tradición que xai vai pola quinta xeración. Lembra que foi o seu pai o que lle deu o cambio a empresa, pasando do obrador orixinal a unha nave industrial, pero sin perde-lo toque artesanal para seguir facendo pan e tartas de Santiago, baixo a denominación de orixe galega. E este Gourmet levan a nova gama de rosquillas, baixo a denominación Nigrán, e tartas de queixo de Arzúa, sin esquecer a bica.

‘Apuntámonos a non beber’

10/04/2026 08:00

Manuel Pardo incide na prevención do consumo de alcohol

O programa de prevención do consumo do alcohol e das bebidas enerxéticas ‘Apuntámonos a non beber’ xa se desenvolveu no CPR Padre Feijóo Zorelle e CPR Santa Teresa de Jesús de Ourense; no IES Cosme López Rodríguez da Rúa; no IES Cidade de Antioquía de Xinzo de Limia; no IES de Allariz; no CPR Divina Pastora do Barco de Valdeorras; no CPR María Inmaculada de Verín e no IES O Ribeiro.