Vivienda

Nova liña de axudas para rehabilitar viviendas para traballadores no rural

José González destaca o compromiso da Xunta de seguir acompañando o tecido produtivo e a entidades como a CEO nos retos que afrontan, entre eles a formación, a cobertura de vacantes ou a mellora do benestar laboral.

Onda Cero Ourense

Ourense |

Nova liña de axudas para rehabilitar viviendas para traballadores no rural
Nova liña de axudas para rehabilitar viviendas para traballadores no rural | Xunta de Galicia

José González puxo en valor a nova orde conxunta das consellerías de Emprego e de Vivenda para favorecer a atracción de traballadores mediante a rehabilitación de vivendas en concellos de menos de 20.000 habitantes. As axudas, que poden solicitar empresas, persoas físicas ou xurídicas e concellos ata o vindeiro 15 de xullo, parten da consideración da vivenda como un factor clave para atraer e fixar talento cualificado, reforzando a dispoñibilidade de man de obra en sectores estratéxicos como o lácteo ou o agroandeiro.

Ademais, no marco do plan de atracción de talento da Xunta, con especial foco no retorno da diáspora, o conselleiro explicou que participará esta semana nunha nova edición das feiras de emprego no exterior que se celebrarán en São Paulo e Salvador de Bahía os días 6 e 8 de xuño. Estas citas servirán para dar a coñecer oportunidades de retorno a Galicia a través de iniciativas como o programa Retorna Cualifica Emprego, integrado na Estratexia Galicia Retorna e dotado con 2,3 M€ na súa edición 2026-2027.

Pulo ao comercio local

No ámbito comercial, González destacou a boa acollida da recente edición dos Bonos Activa Comercio, que mobilizaron preto de 170.000 euros na provincia de Ourense e contaron coa adhesión duns 900 establecementos, reforzando o comercio de proximidade.

Así mesmo, puxo en valor a aposta da Xunta pola modernización das prazas de abastos e a ampliación da Rede de Mercados Excelentes, que vén de motivar unha nova folla de ruta autonómica en colaboración coas entidades locais que prevé apoios de ata o 70 % para actuacións de mellora e modernización destes espazos co obxectivo de acadar 25 mercados distinguidos en Galicia en 2030. Nesta liña, lembrou o protocolo de colaboración asinado entre a Consellería e a Deputación de Ourense para impulsar a renovación das prazas de abastos da provincia, con iniciativas xa en marcha en concellos como O Carballiño e Xinzo de Limia, e remarcou de novo a man tendida ao concello de Ourense para desbloquear a situación da praza de abastos nº1.