CD Arenteiro

Os socios de CD Arenteiro aproban en asamblea os inicios dos trámites para convertirse en SAD

Club Deportivo Arenteiro aproba o inicio dos trámites para a súa conversión en Sociedade Anónima Deportiva

Onda Cero Ourense

O Carballiño |

Os socios de CD Arenteiro aproban en asamblea os inicios dos trámites para convertirse en SAD
Os socios de CD Arenteiro aproban en asamblea os inicios dos trámites para convertirse en SAD | CD Arenteiro

A masa social do CD Arenteiro aprobou na noite do xoves 6 de febrero o inicio da conversión do club en Sociedade Anónima Deportiva (SAD) durante a Asemblea Extraordinaria celebrada no Auditorio Manuel María do Carballiño.

Votación para o inicio da conversión en SAD

  • Votos a favor: 166
  • Votos en contra: 9
  • Abstencións: 6

Valoracións de Argimiro Marnotes, presidente de CD Arenteiro

O presidente da entidade, Argimiro Marnotes, destacou na súa intervención que esta decisión representa “a mellor vía para asegurar que o Arenteiro siga competindo a nivel nacional con garantías”.

Subliñouse tamén que a transformación en SAD xorde do crecemento do club e das súas necesidades económicas. Así, o C.D. Arenteiro aproba a posibilidade de recibir achegas da masa social existente e terceiros, que serán transformadas en accións, en función do proxecto de conversión a presentar. Con esta decisión garántese un “pulmón económico” para o club, así coma a profesionalización da súa xestión, coa intención de asegurar un proxecto sostible para os próximos anos.

Argimiro Marnotes vota SI a SAD en CD Arenteiro
Argimiro Marnotes vota SI a SAD en CD Arenteiro | CD Arenteiro

Cláusula de protección da SAD

A maiores, para preservar a identidade do club e a súa viculación co Carballiño, estableceranse as seguintes cláusulas de protección da Sociedade Anónima Deportiva C.D. Arenteiro:

  • Permanencia da sede social a celebración dos encontros na vila do Carballiño
  • Desenvolvemento do fútbol base e feminino
  • Limitación da venda especulativa da SAD nos primeiros anos

Na asemblea informouse tamén do estado no que se atopan no Concello do Carballiño os proxectos de posible ampliación do Estadio de Espiñedo e de posible construción dun novo Estadio na Uceira. Nesta liña, o CD Arenteiro busca consolidar o seu crecemento e manterse como un referente no fútbol galego e nacional, asegurando un proxecto ambicioso, sostible e el á súa identidade.