Xogos Deportivos

Expourense convértese nunha gran cancha polideportiva para celebrar Sportur Galicia

O IX Salón do Deporte e Turismo Activo terá lugar en Expourense entre o 28 e o 30 de maio e contribuirá a posicionar ao deporte como ferramenta inclusiva.

Onda Cero Ourense

Ourense |

Expourense convértese nunha gran cancha polideportiva para celebrar Sportur Galicia
Expourense convértese nunha gran cancha polideportiva para celebrar Sportur Galicia | Expourense

Expourense converterase de novo esta semana nunha gran cancha polideportiva que acollerá exhibicións, torneos e campionatos dunha vintena de disciplinas deportivas. Trala boa acollida da primeira edición especial adicada aos xogos deportivos en maio de 2025, Sportur Galicia, o IX Salón do Deporte e Turismo Activo, repite formato e celebrarase entre o 28 e o 30 de maio co obxectivo de promover o “deporte para todos”. Durante 3 días federacións, clubes e asociacións deportivos compartirán espazo en Expourense con distintas asociacións de persoas con diversidade funcional ou pertencentes a distintos colectivos sociais.

Sportur Galicia divídese así en dúas partes e celebra no mes de maio a área deportiva e práctica, deixando para o mes de decembro a súa compoñente máis profesional a través do VII Congreso Internacional de Turismo e Deporte e da área expositiva vencellada co Turismo. Congreso e exposición están previstas para o 3 e 4 de decembro de 2026.

Trátase dun evento destinado a todos os públicos (deportistas, afeccionados ou principiantes de todas as idades, ademais das familias). O obxectivo é convertirse nun escaparate para as federacións deportivas de toda a comunidade que aproveitarán a súa presenza en Sportur para promocionarse organizando distintas exhibicións, adestramentos e clases abertas para os visitantes.

O programa “XOGADE” de deporte escolar promovido dende a Secretaria Xeral para o Deporte, organizará duas xornadas adicadas a Multideporte e a Hockey e Minibalonmán. Pola súa parte, a Deputación Provincial de Ourense ofrece a posibilidade de realizar Remo Indoor (con máquinas e remo virtual a través do seu Programa de Fomento Deportivo 2026 e que neste caso correrá a cargo do Clube Náutico Castrelo de Miño. Desputaranse ademais varias “Copa Deputación” de distintos deportes.

As federacións e asociacións e clubes deportivos presentes en Sportur Galicia realizarán distintas actividades que poden consultarse en www.sporturgalicia.com. Os deportes que estarán representados nesta cita son: Bádminton; Balonmán; Ciclismo; Esgrima; Fútbol sala; Hockey; Orientación; Patinaxe roller cross; Promoción do COB; Remo Indoor; Tai-chi; Tenis Pickleball; Voleibol e Cachibol; Wushu e Xadrez.