Temas

Sesión de control

SESIÓN DE CONTROL

Feijóo a Caballero: "O noso obxetivo é manter o 80% do persoal sanitario contratado durante a pandemia"

O portavoz do PSdeG instaba ao presidente da Xunta a mudar o paradigma económico. Según Gonzalo Caballero o Goberno galego "suspende en orientación económica e sobre todo suspende nas políticas de emprego porque nin as hai nin se esperan".

O presidente da Xunta volveu defender o proxecto de Orzamentos da Xunta de Galicia onde se adican "máis de 8.600 millóns de euros ao gasto social". Núñez Feijóo marcaba como obxetivo en sanidade manter o 80% dos contratos de reforzo que se fixeron durante a pandemia.

Sesión de Control

Feijóo a Pontón: El concierto económico "es hacernos el harakiri"

A proposta do Goberno galego, que falará, con 7 presidentes autonómicos na cumbre de Santiago, é revisar os pesos dos grupos de idade no gasto sanitario, desdoblar os grupos de idade en dependencia e ponderar millor a dispersión da poboación.

A líder do BNG que o presidente da Xunta está "cegado polo centralismo". Ana Pontón defendeu na Cámara medidas fiscais que conseguirían movilizar 4 mil millóns de euros, según a nacionalista ,ampliando a porcentaxe dos impostos cedidos ata o 90 por cento do IVE e do IRPF. No imposto de sociedades ao presidente dí que Galicia perdería coa cesión, sí esta disposto a falar do IVE.