Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar, recoger datos estadísticos y mostrarle publicidad relevante. Si continúa navegando, está aceptando su uso. Puede obtener más información o cambiar la configuración en política de cookies.

Disfruta de la app de Onda Cero en tu móvil.

Temas

radio

  • Iñaki Bretal

    Onda Cero Galicia

    Gente Viajera de Galicia (18-01-2019)

    Viaxamos polo mundo cun cociñeiro viaxeiro: Iñaki Bretal, propietario do Eirado da Leña (Pontevedra). Cos amigos de "Volta Montana" marcamos rutas de inverno para descubrir a Galicia máis auténtica. Visitamos o Concello de Castro Caldelas (Ourense) para sumarnos á Festa dos Fachós e descansamos en Monfero (A Coruña): a casa de Lourán é o noso destino final esta semana

  • Bolboretas no Bandullo

    Onda Cero Galicia

    Gente Viajera de Galicia (11-01-2019)

    Primeira viaxe do ano que nos leva ata Nova York e México, dous dos destinos nos que pasaron a súa lúa de mel Diana Fernández e David Díaz, creadores de "Bolboretas no bandullo". Ademais, comezamos repasamos a actualidade e propoñendo unha viaxe express "Voando nas Rías Baixas" (https://www.depo.gal/voando-nas-rias-baixas). Poñémonos ao día coa directora da Revista Pincha, Rebeca Munín, sobre as novidades gastronómicas e culturais de Compostela e rematamos durmindo no Concello da Veiga: "O Eido das estrelas" é a casa rural na que descansamos este venres.

  • Enredados

    Onda Cero Pontevedra

    Pontevedra en la Onda (28-12-2018)

    Abrimos o programa coa historia de Alba García, a moza pontevedresa que foi excluída das probas da Garda Civil por ser celíaca. Ademais, repasamos a actualidade da semana que despedimos e sumámonos á compostaxe a través do Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra. Visítanos Javier Arnau nunha nova edición de ENREDADOS, buscamos a predicción do tempo e marcamos unha completa AXENDA cultural e de ocio para rematar o programa.

  • Marta Carragal

    Onda Cero Pontevedra

    Pontevedra en la Onda (27-12-2018)

    Comezamos o programa repasando a actualidade do día e buscando a predicción metereolóxica para as vindeiras horas. No tempo da entrevista conversamos coa eurodeputada do BNG, Ana Miranda, que levará ata Bruxelas a situación do encoro da Baxe en Caldas. Abrimos o espazo semanal dedicado á saúde: Raquel Carragal desde Alaia Salud y Pilates de Marín é hoxe a nosa especialista convidada. Ademais, recibimos a visita de Carmen Quinteiro nunha nova edición de xoves de conto

  • Alejandro Daporta

    Onda Cero Pontevedra

    Pontevedra en la Onda (26-12-2018)

    O inicio do programa trae a actualidade do día e conversas de Nadal. No tempo da entrevista convidamos ao delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Jose Manuel Cores Tourís. Ademais, rematamos o programa "entre dúas augas" con Rena Ortega e cunha axenda cultural e de ocio para desfrutar desta recta final do ano

  • Arantza Portabales

    Onda Cero Galicia

    Gente Viajera de Galicia (14-12-2018)

    A desta semana foi a penúltima viaxe do ano e percorrimos moitos quilómetros da man dos nosos convidados: en México estivemos coa escritora Arantza Portabales; en Cambados co concelleiro de Enoturismo, Jose Ramón Abal, para participar na primeira edición do Albariño do Inverno; de cuchipanda con Polo Correo do Vento, e nas Illas Canarias coa compañía Binter en voo directo desde Vigo