Temas

Monse Fajardo

PROGRAMA COMPLETO

Más de Uno Pontevedra 14/06/2023

Comezamos o programa coa actualidade do día e buscando a información do tempo para as vindeiras horas. Visitamos a exposición “E se fose hoxe?” na Praza de España guiados pola asesora técnica de Memoria Histórica na Deputación de Pontevedra, Montse Fajardo. Completamos o programa coa visita das amigas de "De vella a bella".

Máis de Un Provincia de Pontevedra

“E se fose hoxe?”: unha homenaxe ás vítimas da represión franquista

Fernández Lores agochado nun tobo, Carmela Silva nun hospital, e as persoas representantes das alcaldías do Morrazo nun paredón de fusilamento semellante a onde asasinaron os titulares deses concellos no 36. Son algunhas das imaxes da exposición “E se fose hoxe?” organizada polo departamento de Memoria Histórica da Deputación que hoxe visitamos. A nosa guía é Montse Fajardo para convidarnos e visitar a exposición ata o 22 deste mes de xuño.

Máis de Un Pontevedra

"As ideas furtadas": fío conductor das IV Xornadas de Memoria Histórica

Conversamos con Montse Fajardo desde o departamento provincial de Memoria Histórica sobre as IV Xornadas Contra a Impunidade Franquista que comezan o venres. Este ano centrarán o debate nas ‘Ideas furtadas’ e poderán seguirse en liña en directo e sen necesidade de inscrición previa a través da web da Deputación (depo.gal).

Máis de Un Pontevedra

Unha “Foliada da Memoria” para poñer palabras e festa fronte ao silencio da represión

Conversamos coa asesora de Memoria Histórica na Deputación de Pontevedra, Montse Fajardo, sobre a primeira edición da “Foliada da Memoria”. Lembrarase a figura de gaiteiros asasinados e mulleres vexadas e porase en valor o traballo das novas xeracións para recuperar o seu legado. Será o sábado 2 de xullo na carballeira do Souto de Chousa da Porta en Moneixas, onde haberá actividades para todos os públicos todo o día.

Onda Cero Pontevedra

Más de Uno Pontevedra (13-04-2020)

Comezamos o programa repasando a actualidade deste luns en Pontevedra e coñecendo o proxecto lalinense "deproximidade.gal". Buscamos a previsión do tempo e, como cada luns, falamos de deporte con Rubén Rey e de motor con Abel Millán. Ademais, completamos o programa cunha nova edición de "Cántamo... en galego!".

Onda Cero Pontevedra

Pontevedra en la Onda (26-10-2018)

Como cada venres abrimos o programa co repaso pola actualidade do día e da semana. Buscamos a predicción do tempo e marcamos unha completa AXENDA cultural e de ocio para desfrutar da fin semana. Ademais, recibimos a visita de Javier Arnau nunha nova edición de ENREDADOS.

Onda Cero Pontevedra

Pontevedra en la Onda (22-10-2018)

Comezamos a semana analizando a actualidade e conversando co alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela. Todos os luns facemos memoria coñecendo os proxectos e actividades do programa municipal "A Memoria das Mulleres", hoxe visítannos a xornalista e escritora Montse Fajardo, do equipo redactor do programa, e María Lores, veciña de Mourente. Ademais, abrimos o espazo de motor semanal e completamos o programa cunha nova edición de "Cántamo... en galego!"