06/06/2022
Unha “Foliada da Memoria” para poñer palabras e festa fronte ao silencio da represión

- 13:08 MIN
Unha “Foliada da Memoria” para poñer palabras e festa fronte ao silencio da represión
Conversamos coa asesora de Memoria Histórica na Deputación de Pontevedra, Montse Fajardo, sobre a primeira edición da “Foliada da Memoria”. Lembrarase a figura de gaiteiros asasinados e mulleres vexadas e porase en valor o traballo das novas xeracións para recuperar o seu legado. Será o sábado 2 de xullo na carballeira do Souto de Chousa da Porta en Moneixas, onde haberá actividades para todos os públicos todo o día.
Neste enlace directo á nosa web podes volver escoitar a entrevista con Susana Pedreira no programa “Máis de Un Pontevedra”.
Temas
- Onda Cero


