Más de Uno Lalin

Onda Cero Pontevedra

18/03/2020 14:55

Mas de Uno Pontevedra (18-03-2020)

Comezamos o programa coa actualidade do día e conversando co co vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda. Como cada mércores, sometemos ao noso cuestionario persoal aos políticos pontevedreses: Gregorio Agís, deputado socialista na Deputación de Pontevedra e concelleiro de Urbanismo e Promoción Económica no goberno local de Poio, é hoxe o convidado. Ademais, rematamos o programa entre dúas augas con Rena Ortega.

Onda Cero Pontevedra

17/03/2020 14:26

Más de Uno Pontevedra (17-03-2020)

Abrimos o programa coa actualidade do día marcada pola crise do coronavirus e conversando coa presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva. Buscamos a previsión do tempo e abrimos tempo de entrevista con Carmen Quinteiro para coñecer como organiza o traballo docente desde a casa. Falamos de igualdade e diversidade sexual coa concelleira Paloma Castro e a coordinadora do novo "Centro de Información en Diversidade e Sexualidade" (CIDES), Ada Otero. Ademais, completamos o programa con novas recomendacións Cronopios da man de Mercedes Corbillón.

Onda Cero Pontevedra

16/03/2020 14:35

Más de Uno Pontevedra (16-03-2020)

Comezamos o programa repasando a actualidade deste luns en Pontevedra marcada pola crise do coronavirus. Buscamos a previsión do tempo para as vindeiras horas e saudamos ao pontevedrés Javier Lago que esta noite ofrece un concerto a través das redes para axudarnos a sobrelevar a cuarentena na casa. Falamos de educación e da convocatoria "Grandes iniciativas" cos amigos da Fundación Atresmedia e da Fundación Orange.Como cada luns, falamos de deporte con Rubén Rey e de motor con Abel Millán. Ademais, completamos o programa cunha nova edición de "Cántamo... en galego!".

Onda Cero Pontevedra

12/03/2020 15:31

Más de Uno Pontevedra (12-03-2020)

Comezamos o programa repasando a actualidade do día marcada pola crise do coronavirus e as novas restricións anunciadas polas diferentes Administracións. Buscamos a previsión metereolóxica para as vindeiras horas e temos unha nova cita, como cada xoves, no Hotel Rías Bajas de Pontevedra: o alcalde de Caldas de Reis, Juan Manuel Rey, é o noso convidado desta semana. Completamos o programa falando de fisioterapia co Centro de Rehabilitación QuirónSalud de Pontevedra.

Más de Uno Pontevedra

11/03/2020 15:11

Cuestionario persoal: Marga Caldas

Cada mércores, os políticos pontevedreses sométense ao cuestionario persoal de Susana Pedreira. Nesta ocasión, coñecemos mellor a Marga Caldas, concelleira de Seguridade Cidadá e Deporte no goberno local de Poio.

Onda Cero Pontevedra

11/03/2020 14:57

Más de Uno Pontevedra (11-03-2020)

Comezamos o programa coa actualidade do día e conversando co presidente do Consorcio de Empresarios Turísticos de Sanxenxo, Alfonso Martínez. Buscamos a predicción metereolóxica para as vindeiras horas e abrimos o sofá con Ana Santos desde o IES Valle Inclán. Como cada mércores, sometemos ao noso cuestionario persoal aos políticos pontevedreses: Marga Caldas, concelleria de Seguridade Cidadá e Deporte en Poio, é hoxe a convidada. Ademais, completamos o programa con Raquel Pedrouso falando de emprego e de novas oportunidades.

Onda Cero Pontevedra

10/03/2020 14:09

Onda Cero Pontevedra

10/03/2020 14:09

Más de Uno Pontevedra (10-03-2020)

Abrimos o programa coa actualidade do día marcada pola crise do coronavirus e conversando con Catuxa Lagarón, membro do colectivo "Enfermeiras eventuais en loita". Buscamos a previsión do tempo e abrimos tempo de entrevista con Manuel Collado, director do laboratorio “Células Nai en Cancro e Envellecemento” no Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela. Ademais, completamos o programa con novas recomendacións Cronopios da man de Mercedes Corbillón

Onda Cero Pontevedra

09/03/2020 15:21

Mas de Uno Pontevedra (09-03-2020)

Comezamos o programa repasando a actualidade deste luns marcada polo primeiro positivo por coronavirus na cidade de Pontevedra (pendente de confirmación en madrid). Buscamos a previsión do tempo para as vindeiras horas e resumimos o pleno da corporación municipal pontevedresa e o almorzo informativo de Alberto Núñez Feijoo no Galicia Palace. Como cada luns, falamos de deporte con Rubén Rey e de motor con Abel Millán. Ademais, completamos o programa cunha nova edición de "Cántamo... en galego!".

Viernes de Cuento

06/03/2020 17:25

Asturias y Pontevedra unidas por las mujeres lectoras

​Cada viernes convertimos la radio en un cuento con la voz y las reflexiones de la profesora y escritora Carmen Quinteiro. Hoy nos visita Silvia Junco, concejala en Pontevedra e impulsora de un intercambio astur-pontevedrés que unirá a más de cincuenta mujeres este fin de semana en la ciudad. Aquí puedes volver a escuchar el podcast.