Más de Uno Lalin

Onda Cero Pontevedra

26/11/2019 14:23

Mas de Uno Pontevedra (26-11-2019)

Abrimos o programa coa actualidade do día e abrindo tempo de entrevista co portavoz do PP en Pontevedra, Rafa Domínguez No espazo que esta semana dedicamos ao coidado consciente, visitamos a ecotenda pontevedresa Madre Selva. Ademais, hoxe temos versión extendida de Cronopios para falar coa escritora e xornalista Pilar Eyre sobre "Un perfecto caballero", su nueva novela.

Onda Cero Pontevedra

25/11/2019 14:09

Más de Uno Pontevedra (25-11-2019)

Comezamos repasando a actualidade deste luns marcada polos actos reivindicativos do 25-N, Día Internacional contra a Violencia Machista, e conversando coa presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva. No tempo da entrevista convidamos a Miguel Barros, impulsor do Movemento de Mestres e autor do libro "Memoria dunha experiencia asemblearia" que este mércores se presenta no Sexto Edificio do Museo provincial. Ademais, como cada luns, abrimos espazo de deporte e motor con Abel Millán e Rubén Rey, e completamos o programa cunha nova edición de "Cántamo... en galego!".

Viernes de cuento

22/11/2019 14:39

Cocinando textos con las manos en la masa

Hoy hemos activado no solo el sentido del oído, también el del gusto, para demostrar que hay mucha literatura en las recetas de cocina. Esta temporada los viernes son de cuento para traer las emociones a la radio con la profesora y escritora Carmen Quinteiro. Aquí puedes volver a escuchar el podcast

Onda Cero Pontevedra

22/11/2019 14:24

Mas de Uno Pontevedra (22-11-2019)

Comezamos o programa repasando a actualidade do día, marcada pola presentación dunha nova edición de Culturgal, e resumindo as principais noticias da semana que hoxe despedimos. Visítanos a mestra e escritora Carmen Quinteiro nunha nova edición de "Venres de conto", buscamos a previsión metereolóxica e marcamos unha completa axenda cultural e de ocio para desfrutar da fin de semana.

Onda Cero Pontevedra

21/11/2019 15:16

Más de Uno Pontevedra (21-11-2019)

Comezamos o programa repasando a actualidade desta xornada de xoves e coñecemos os detalles do acordo entre o Concello de Pontevedra e a Xunta de Galicia para dotar á cidade de dúas novas liñas de bus urbano. Convidamos á triatleta profesional, Saleta Castro, a unha entrevista persoal no Hotel Rías Bajas. Ademais, completamos o programa falando de diversidade e das novas actividades do programa "Pinto e Maragota" coa concelleira de Igualdade, Paloma Castro, e a avogada Ada Otero.

Onda Cero Pontevedra

20/11/2019 14:49

Mas de Uno Pontevedra (20-11-2019)

Comezamos o programa coa actualidade do día e buscando a previsión metereolóxica. Falamos de compostaxe da man da Deputación de Pontevedra e o seu programa "Revitaliza", e abrimos tempo de entrevista con Marola Padín, licenciada en Ciencias Políticas, colaboradora do IGADI e analista do Observatorio da Política China (OPCh): "Tensión estratéxica China-EE.UU. Que é iso? Como nos afecta?". Como cada mércores, sometemos ao noso cuestionario persoal aos políticos pontevedreses: Pablo Fernández, concelleiro do PP na corporación municipal de Pontevedra, é hoxe o convidado. Ademais, completamos o programa coa visita de Raquel Pedrouso

Jose Benito Suárez

19/11/2019 14:22

O Porto de Marín ampliará o seu antigo peirao comercial en 2020

Neste podcast podes volver escoitar a entrevista co presidente da Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra. Jose Benito Suárez pasou polo programa "Más de Uno Pontevedra" para facer balance da actividade portuaria deste ano 2019 e dos novos retos para 2020.

Onda Cero Pontevedra

19/11/2019 14:11

Onda Cero Pontevedra

19/11/2019 14:11

Mas de Uno Pontevedra (19-11-2019)

Abrimos o programa coa actualidade do día e concedendo protagonismo a mulleres defensoras de Dereitos Humanos en Colombia e Nicaragua que esta semana visitan Pontevedra. No tempo de entrevista conversamos co presidente da Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra, Jose Benito Suárez. Ademais, como cada martes, ampliamos as nosas bibliotecas particulares con novas recomendacións das Librería Cronopios

Onda Cero Pontevedra

18/11/2019 14:12

Más de Uno Pontevedra (18-11-2019)

Comezamos repasando a actualidade deste luns con pleno municipal en Pontevedra. No tempo da entrevista convidamos á concelleira de Igualdade en Pontevedra, Paloma Castro, para coñecer os proxectos distinguidos nos "Premios Ernestina Otero" e as novidades da campaña do 25N: "Día Contra a Violencia Machista". Ademais, como cada luns, abrimos espazo de deporte e motor con Abel Millán e Rubén Rey, e completamos o programa cunha nova edición de "Cántamo... en galego!": Guadi Galego é a protagonista co seu novo disco "Immersion"

Onda Cero Pontevedra

15/11/2019 15:07

Mas Uno de Pontevedra (15-11-2019)

Chegamos o remate dunha semana marcada por duas operacións contra o tráfico de drogas no porto de Marín. As duas actuacions lograron incautar unha cantidade de casi 900 kilos de cocaína. Analizamos esta situación con membros da Fundación Galega Contra o Narcotráfico. Prestamos atención as citas do fin de semana: concertos de Josele Santiago ou Marcelo Dobode. E coñecemos os detalles da semana da centola, no Grove, e festa da caza, en Rodeiro. O peche falamos coa xornalista María Rey, recién nomeada madrina da Gran Recollida do Banco de Alimentos da provincia de Pontevedra.