Iván Puentes

Máis de Un Pontevedra

25/10/2022 14:52

Iván Puentes: "A exposición Pontevedra Flúe é unha oportunidade para coñecer en detalle o modelo de cidade verde e azul no que traballamos"

Pontevedra Flúe reúne unha vintena de proxectos que suman 20 millóns de euros e que permitirán renaturalizar os ríos e espazos naturais. Todos eses proxectos, que conforman un modelo de cidade verde e azul, son agora difundidos entre a cidadanía pontevedresa a través dunha exposición itinerante que a concellería de Desenvolvemento Natural acaba de inaugura na Ponte do Burgo. Coñecemos todos os detalles en compañía co concelleiro socialista Iván Puentes

PROGRAMA COMPLETO

25/10/2022 14:36

Más de Uno Pontevedra 25/10/2022

Abrimos o programa coa actualidade da xornada, marcada pola reunión entre o alcalde de Pontevedra, Miguel A. Fernández Lores, e o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda. Ademais, conversamos co concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural, Iván Puentes, e buscamos a previsión metereolóxica para as vindeiras horas. Como cada martes, volvemos ao Hotel Rías Bajas co almorzo informativo semanal, hoxe o noso convidado é o tenente de alcalde de Caldas de Reis e concelleiro de Obras, Infraestruturas e Medio Ambiente, Manuel González. Completamos o programa co espazo Cronopios que hoxe trae nova recomendacións da man de Adriana Otero

PROGRAMA COMPLETO

11/10/2022 14:08

Más de Uno Pontevedra 11/10/2022

Abrimos o programa coa actualidade da xornada, conversando co concelleiro de Desenvolvemento Natural de Pontevedra, Iván Puentes, e buscando a previsión metereolóxica para as vindeiras horas. Como cada martes, volvemos ao Hotel Rías Bajas co almorzo informativo semanal, hoxe o noso convidado é o novo presidente do Liceo Casino de Pontevedra, Alejandro Regueiro. Completamos o programa co espazo Cronopios que hoxe ten convidado: o poeta galego Ismael Ramos, gañador do Premio Nacional de Poesía Joven Miguel Hernández.

Máis de Un Pontevedra

21/09/2022 10:18

Iván Puentes: "Temos un proxecto pensado e planificado para recuperar os nosos ríos e seguir captando fondos europeos nos vindeiros anos"

Convidamos ao de concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural de Pontevedra para coñecer a estratexia para renaturalizar os ríos, conectar o espazo urbano co contorno natural, e en especial co Lérez, e converter a este concello, tamén, en referente internacional en infraestrutura verde, restauración de ríos e loita contra o cambio climático. Un proxecto que se traducirá nunha vintena de actuacións, moitas delas en marcha e financiadas con fondos propios e procedentes de Europa, que suman uns 20 millóns de euros e que se enmarcan baixo a marca paraugas "Pontevedra Flúe"

PROGRAMA COMPLETO

21/09/2022 09:26

Más de Uno Pontevedra 20/09/2022

Abrimos o programa coa actualidade desta xornada de martes e conversando co presidente do comité de fábrica de Ence, Manuel Rivas. Buscamos a previsión metereolóxica e, como cada martes, volvemos ao Hotel Rías Bajas co almorzo informativo semanal, hoxe a nosa convidada é a nova vicerreitora do Campus Universitario de Pontevedra, Eva Lantarón. Ademais, recibimos a visita do concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural, Iván Puentes, para presentarnos o proxecto "Pontevedra Flúe". Completamos o programa ampliando as nosas bibliotecas particulares en compañía de Mercedes Corbillón con novas recomendacións desde a Librería Cronopios.

Primarias PSOE Pontevedra

11/07/2022 14:05

Iván Puentes: "É posible ter un alcalde socialista no próximo mandato"

Iván Puentes é un dos nomes propios dos últimos días na política local en Pontevedra tras anunciar a súa intención de presentarse ás primarias do Partido Socialista de Pontevedra, co obxectivo de converterse en candidato á alcaldía nas municipais de 2023.

Almorzo no Hotel Rías Bajas

31/05/2022 14:15

Almorzo no Hotel Rías Bajas

31/05/2022 14:15

Iván Puentes: "Liberando o Gafos imos transformar o corazón da cidade e mellorar a calidade de vida en Pontevedra"

O concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural, Iván Puentes, acaba de recibir un pulo definitivo para poder levar a bo porto un dos proxectos máis importantes e estratéxicos deste mandato, tanto polo seu volume económico como polas súas repercusións positivas para o futuro da cidade: o plan que permitirá destapar o treito urbano do río dos Gafos, ao seu paso por Campolongo. Falamos dos detalles do proxecto neste almorzo informativo desde o Hotel Rías Bajas

Máis de Un Pontevedra

11/05/2022 14:46

Iván Puentes: "Antes do verán comezaremos as obras para converter en pasarela peonil e ciclista a antiga ponte do tren sobre o Lérez"

Conversamos concelleiro de Desenvolvemento Sostible, o socialista Iván Puentes, sobre o proxecto que permitirá rehabilitar e acondicionar a antiga ponte do ferrocarril sobre o río Lérez. Unha actuación que xa está en fase de contratación e que permitirá converter esta vella infraestrutura nunha pasarela de tránsito peonil e ciclista que estará integrada na futura vía verde entre Pontevedra e Vilagarcía

Máis de Un Pontevedra

29/04/2022 13:14

Iván Puentes: "Imos destapar o Gafos e comezaremos este verán coa recuperación do tramo desde as rúas da Tablada e Rosalía de Castro ata San Roque"

Conversamos concelleiro de Desenvolvemento Sostible, o socialista Iván Puentes, sobre o ambicioso proxecto para destapar o río do Gafos na cidade de Pontevedra. Xa está en marcha a contratación do proxecto que permitirá recuperar o tramo do río que discorre na súa desembocadura. Ademais, xa é inminente a convocatoria do concurso internacional de ideas para liberar o río dos Gafos ao seu paso por Campolongo.