Iván Puentes

PROGRAMA COMPLETO

19/01/2023 14:33

Más de Uno Pontevedra 19/01/2023

Abrimos o programa coa actualidade do día e pendentes da participación dos concellos da provincia de Pontevedra en FITUR. Buscamos a previsión metereolóxica e, como cada xoves, recibimos a visita de Rodrigo Cota. Ademais, completamos o programa tomando a última antes de marchar: o produtor pontevedrés Dani Froiz é hoxe o noso convidado.

Máis de Un Pontevedra

17/01/2023 14:16

'Flúe, my friend!': Bruce Lee protagoniza o vídeo promocional de Turismo de Pontevedra para Fitur 2023

Conversamos coa concelleira de Turismo, Yoya Blanco, e co concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural, Iván Puentes, sobre vídeo de Bruce Lee que Turismo de Pontevedra presentará este xoves na Feira Internacional de Turismo Fitur 2023. O vídeo xa está dispoñible en youtube e nas redes sociais e a través del percorremos espazos tan emblemáticos como a Peregrina, a Illa das Esculturas, Michelena, a Praza da Ferrería, Santa María, Méndez Núñez ou o contorno do río dos Gafos, para lembrarnos ese lema que sintetiza o espírito da estratexia de impulso do turismo verde e sostible do proxecto Pontevedra Flúe: ‘Flúe, my friend!’.

PROGRAMA COMPLETO

01/12/2022 14:27

Más de Uno Pontevedra 01/12/2022

Abrimos o programa coa actualidade do día e conversando co concelleiro de Desenvolvemento Sostible de Pontevedra, Iván Puentes. Como cada xoves, recibimos a visita de Rodrigo Cota e, ademais, completamos o programa tomando a última antes de marchar co músico pontevedrés Berto.

PROGRAMA COMPLETO

18/11/2022 14:40

Más de Uno Pontevedra 18/11/2022

Chegamos o final da semana co anuncio do incremento dos prezos das peaxes na AP9; reflexionamos sobre este novo golpe a economía galega e escoitamos algunhas voces. Tamén, conversamos co doutor Marra, delegado do síndicato Cesm en Pontevedra, pola situación que padecen os usuarios e os profesioais nos PACs do área sanitaria Pontevedra-Salnés. Analizamos a actualidade municipal con Miguel Anxo Fernández Lores. Viaxamos ata feira Intur, en Valladolidad, onde a concelleira Yoya Blanco e o concelleiro Iván Puentes promocionan as excelencias turísticas e de patrimonio natural de Pontevedra. Pechamos, como é tradición un venres, repasando eventos e actos da axenda cultural do fin de semana.

PROGRAMA COMPLETO

15/11/2022 14:08

Más de Uno Pontevedra 15/11/2022

Abrimos o programa coa actualidade da xornada e conversando co concelleiro de Desenvolvemento Sostible, Iván Puentes. Buscamos a previsión metereolóxica para as vindeiras horas e, como cada martes, volvemos ao Hotel Rías Bajas co almorzo informativo semanal, hoxe as nosas convidadas son Ana Santos desde "De vella a bella" e Ana Gómez, coordinadora de weall.org. Completamos o programa co espazo Cronopios e as mellores recomendacións de Mercedes Corbillón.

Máis de Un Pontevedra

15/11/2022 13:28

Máis de Un Pontevedra

15/11/2022 13:28

Puentes: "Coas obras da antiga ponte do ferrocarril sobre o Lérez gañaremos un novo miradoiro e unha senda peonil"

A concellería de Desenvolvemento Sostible de Pontevedra acaba de poñer en marcha o proxecto que permitirá rehabilitar a antiga ponte do ferrocarril sobre o Lérez e integrala na futura vía verde entre a cidade e Vilagarcía. Conversamos con Iván Puentes sobre esta actuación que transformará a vella infraestrutura nun fermoso miradoiro e fara que sexa accesible a través dunha senda en zigzag e dunhas escaleiras de madeira que conectarán coa praia fluvial. Trátase dun proxecto impulsado no marco da estratexia Pontevedra Flúe, que e da que o concelleiro Iván Puentes falará o vindeiro martes en Más de Uno Pontevedra"

Máis de Un Pontevedra

03/11/2022 14:20

Iván Puentes: "Traballamos nun pioneiro proxecto que permitirá controlar o rego de Valdecorvos e rematar cos asolagamentos en Fernando Olmedo"

O concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural, Iván Puentes, asegura que acabar cos recorrentes asolagamentos que se producen na rúa Padre Fernando Olmedo "é posible e tanxible" e a solución, que forma parte da estratexia de renaturalización e loita contra o cambio climático Pontevedra Flúe, "foi estudada e deseñada en colaboración coa Universidade". Trátase dun proxecto pioneiro que xa foi remitido a Augas de Galicia, que se atopa en fase de autorización e que permitirá controlar as crecidas do rego de Valdecorvos mediante a creación dunhas lagoas artificiais que asumirán e reterán o incremento de auga en momentos de alto caudal.

PROGRAMA COMPLETO

03/11/2022 14:12

Más de Uno Pontevedra 03/11/2022

Abrimos o programa coa actualidade do día e conversando co concelleiro de Desenvolvemento Sostible, Iván Puentes. Buscamos a previsión metereolóxicae, como cada xoves, recibimos a visita de Rodrigo Cota. Ademais, completamos o programa tomando a última antes de marchar con Vanessa L. Chousa e Luz P. Costas desde a organización da Feira Etiqueta Negra.